A diocese de Tui-Vigo (en ) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. O seu patrón é san Telmo e actualmente está presidida polo bispo Antonio José Valín Valdés.
Territorio Despois do esgazamento da metade sur do seu territorio no século XV, a diocese comprende boa parte das comarcas sur-occidentais de Galicia, concretamente as parroquias existentes entre o río Verdugo, na ría de Vigo, e o río Miño.
A orixinaria sé episcopal é a cidade de Tui, na que se acha a catedral de Santa María, pero desde o ano 1959 comparte a capitalidade eclesiástica coa cidade de Vigo, motivo polo que a diocese pasou a chamarse de Tui-Vigo.
O seu territorio abrangue uns 1.721,4 km² e está subdividido en 276 parroquias, agrupadas en 14 arciprestados; logo da reestruturación do ano 2016, que fusionou os arciprestados de Tui e Entenza (Tui-Entenza), Tea e Salvaterra (Tea-Condado), e Vigo-Travesas e Vigo-Polígono (Vigo-Fragoso): A Guarda-Tebra, A Louriña, Miñor, Montes-Mondariz, Redondela-Oitavén, San Martiño, Tea-Condado, Tui-Entenza, Vigo-Casabranca, Vigo-Centro, Vigo-Fragoso, Vigo-Lavadores, Vigo-Santo André e Vigo-Teis.
Historia miniatura|esquerda|Mapa da diocese de Tui de 1766 realizado por Rosendo Amoedo. Segundo a tradición cristiá, a comezos do século I o apóstolo Santiago evanxelizou a cidade de Tui, fundando así a primeira comunidade cristiá que daría pé á diocese e nomeando a santo Epitacio como o seu primeiro bispo. Con todo, ata mediados do século VI non se ten certeza documental plena da existencia da diocese nin dos seus bispos.
A creación da diocese de Tui respondeu posiblemente ao proceso de implantación do cristianismo que a partir do edicto de Milán do ano 313 estaba a se desenvolver no Imperio Romano. As grandes e medianas cidades do Imperio convertéronse axiña en centros que irradiaban as novas crenzas relixiosas e onde se asentaban as primeiras estruturas administrativas eclesiásticas. É deste contexto histórico de onde xorde probablemente a verdadeira creación dun centro eclesiástico administrativo na antiga cidade galaico-romana de Tude, e que finalmente suporá a fundación desta diocese nalgún momento entre os séculos IV e VI.
A primeira nova da existencia da diocese é do no Segundo Concilio de Braga (ano 572) auspiciado polo rei galaico-suevo Miro, onde o primeiro bispo tudense coñecido, Anila, subscribe as actas como Anila Tudensis ecclesiae episcopus his gestis subscripsi. Neste marco histórico oficialízase a demarcación territorial da diocese, que entre os séculos VI e XIV comprendeu os territorios comprendidos entre a ría de Vigo e o río Limia e dende as costas oceánicas ata a serra do Leboreiro.
A causa das vagas normandas e dos conflitos militares co emirato de Córdoba os prelados tudenses víronse obrigados a residiren en Iria Flavia, Labruge (Portugal) e Ribas de Sil. Consta que o rei Ordoño II restaurou a diocese en 915 e aínda foi agregada a Santiago en 1024. Rematada a destrución da sé, o rei García fixo en 1071 a restauración definitiva.
A independencia do condado de Portugal do reino de Galiza a comezos do século XII suporá a división da diocese entre ambos reinos polo río Miño. Finalmente no século XIV prodúcese a esgazadura final da metade sur da diocese debido a que os cóengos e vigairos con xurisdición en Portugal eran favorables á lexitimidade de Urbano VI, mentres que o bispo de Tui, D. Xoán Fernández de Soutomaior, e os capitulares ao norte do río Miño apoiaron a Clemente VII, o papa de Aviñón. No ano 1452, consumouse a ruptura, pois a colexiata de Valença foi adscrita á diocese de Ceuta e, posteriormente, en 1514, á diocese de Braga, perdendo Tui a zona comprendida entre o río Miño e o Limia.
A cultura liberal e ilustrada, que invadiu Europa no século XIX, tamén tivo a súa repercusión na diocese tudense. E, así, cando en 1813 foron abolidos os señoríos xurisdicionais, o bispo e o cabido víronse obrigados a unha maior concentración na súa misión relixiosa. Tamén a desamortización de Mendizábal (1836) produciu o abandono na diocese de importantes mosteiros, coma o de Santa María de Oia e o de Melón, e a perda de patrimonio artístico e documental.
En 1959 o papa Xoán XXIII pola bula Quemadmodum impiger concédelle a dobre titularidade Tudensis-Vicensis á diocese, elevando a rango de concatedral o templo de Santa María de Vigo e trasladando a esta cidade a sé do bispo e máis a do cabido.
Episcopoloxio As seguintes persoas foron bispos da diocese: miniatura|Santo Epitacio, o primeiro bispo de Tui, representado na parte superior da portada setentrional da catedral. miniatura|300px|page=10|Íntegro, en pdf: Antigvedad de la civdad, y iglesia cathedral de tvy, y de los obispos qve se save aya auido en ella, escrito polo bispo Frei Prudencio de Sandoval en 1610. miniatura|Escudo de Juan Manuel Rodríguez Castañón en S. Lourenzo de Oliveira. miniatura|Arcebispo Manuel Lago González. miniatura|José Delicado Baeza. miniatura|José Cerviño. miniatura|Luís Quinteiro Fiúza Santo Epitacio (mencionado en 57) Santo Evasio (mencionado en 82) Destes dous primeiros bispos non hai constancia documental ningunha, as noticias que se conservan deles son de moitos séculos posterioresEn Galiciana e nin por datas nin pola evolución histórica da igrexa en Galicia teñen lugar histórico na mesma, canto máis que despois deles hai un salto de 500 anos ata o seguinte bispo.
Colocar un bispo no primeiro século do cristianismo e facelo aparecer como discípulo de algún apóstolo, no caso de Epitacio sería discípulo de Santiago, aumentaba o prestixio da diocese posto que lle permitía remontarse a tempos apostólicos. Algo similar sucede na diocese de Lugo ou na de Braga.
A partir do seguinte, Anila, xa hai continuidade episcopal e constancia documental da súa existencia. Anila (ca. 568 bis ca. 576) Neufila (ca. 576–589) Gardingo (ca. 585 até ca. 600) Anastasio (ca. 628–643) Adimiro (ca. 643 até ca. 650) Beato (ca. 650 até ca. 656) Xenetivo (ca. 665 até ca. 681) Oppas (ca. 681 até ca. 686) Adelfio (ca. 686 até ca. 700) Invadida polos musulmáns a cidade de Tui, os seus bispos –de quen se descoñecen os nomes– residiron na diocese de Iria ata o ano 882, ou quizais ata 914.Diocese de Tui-Vigo. Episcopoloxio Diego (ca. 882 até ca. 906) Branderico (ca. 882 até ca. 906) Santo Hermoixio (918-925) Naustio (ca. 926 até ca. 932) Oveco, Eneco ou Diego (ca. 932–936) Vimara ou Vimarasio (936 até ca. 948) Baltario (ca. 948–951) Viliúlfo (952–1003, ordenado ca. 970) Paio de Tui Afonso I (ca. 1022) A causa da invasión dos normandos, encargouse da diocese Suero Bermúdez (1022–1024) (bispo de Dumio) Debido á situación creada polas devanditas invasións, esta diocese de Tui foi anexionada o 29 de outubro de 1024 á arquidiocese de Santiago de Compostela, ata 1069. Gregorio (1069–1072) Aderico ou Auderico (1072 até ca. 1098) Afonso II ou Alonso (1100–1130) Paio Menéndez (1130/31–1155/56) Isidoro (1156–1167) Xoán I (1168–1173) Beltrán ou Bertrando (1173/74–1187) Pedro (1188–1205) Sueiro ou Suario (1206–1215) Xoán Pérez (1215–1217) Esteban Egea (1218–1239) Lucas Tudense (1239–1249) Xil Pérez de Cerveira (1250–1274) Nuno Pérez (1274–1276/77) Fernando Arias (1276/78–1285) Xoán Fernández de Soutomaior I (1286–1323) Bernardo Guido (1323–1324) Simón (1324–1326/27) Rodrigo Ibáñez (1326/28–1335) García (1337–1348) Gómez Prego (1349–1351) Joán de Castro (1351–1385) Diego Anaia e Maldonado (1385–1390) Xoán Ramírez de Guzmán (1391–1394) Xoán Fernández de Soutomaior II (1394/95–1423) Rodrigo de Torres (1427–1430) Henrique Cardenal Guillelmo (1430) Xoán de Fernández (1430–1438) García Martínez de Vahamonde II (1439–1441) Pedro de Silva Rodrigo de Vergara (1446–1472) Diego de Muros (1471/72–1487) Pedro Beltrán (1488–1505) Entre 1505 e 1515, houbo unha longa e confusa vacante, provocada pola negativa dos Reis Católicos a conceder o plácet rexio a Juan de Sepúlveda (nomeado para Tui polo papa Xulio II, pero non aceptado polos monarcas). Logo duns anos de forcexo e interditos, Juan de Sepúlveda foi nomeado en 1514 bispo de Malta; e ocupou a sede de Tui Martín Zurbano, máis coñecido como Martín de Azpeitia. Por iso, os nomes e datas dos catro bispos que van a continuación reflicten a confusión do tempo en que se prolongou a crise. A variación nas datas pode obedecer a que unhas aluden á data de nomeamento e outras á toma de posesión.Diocese Tui-Vigo. Episcopoloxio Xoán Manso Xoán de Sepúlveda (1505–1514) (tamén bispo de Malta) Martín Zurbano de Azpeitia (1514–1516) Luís Martiano (1517–1521) Pedro Gómez Sarmiento de Villandrando (1523–1524) (cardeal, tamén bispo de Badaxoz, Palencia e arcebispo de Santiago de Compostela) Pedro González Manso (1524–1525) (tamén bispo de Badaxoz) Diego de Avellaneda (1525–1538) Sebastián Ramírez de Arellano (1538–1539) (tamén bispo de León) Miguel Muñoz (1540–1547) (tamén bispo de Cuenca) Juan de San Millán (1547–1564) (tamén bispo de León) Diego de Torquemada (1564–1582) Bartolomé Molina (1583–1589) Bartolomé de la Plaza (1589–1596) (tamén bispo de Valladolid) Francisco de Tolosa, O.F.M. (1597–1600) Francisco Terrones del Caño (1601–1608) (tamén bispo de León) Prudencio Sandoval, O.S.B. (1608–1612) (tamén bispo de Pamplona) Juan García Valdemora (1612–1620) Juan Martínez de Peralta, O.S.H. (1621–1622) (tamén bispo de Zamora) Pedro Herrera Suárez, O.P. (1622–1630) (tamén bispo de Tarazona) Pedro Moya Arjona (10-II-1631 até 14-X-1631) Diego Vela Becerril (1632–1635) (tamén bispo de Lugo) Diego Arce Reinoso (1635–1638) (tamén bispo de Ávila) Diego Rueda Rico (1639–1639) Antonio Guzmán Cornejo (1640–1642) Diego Martínez Zarzosa (1643–1649) (tamén bispo de Cartagena) Juan López de Vega (1649–1656) Miguel Ferrer (1657/58–1659) Juan de Villamar (1660–1666) Antonio Fernández del Campo y Angulo (1666–1668) Bernardino Lón de la Rocha ou Roca (1668–1673) Simón García Pedrejón (1674–1682) Alfonso Galaz Torrero (1682–1688) Anselmo Gómez de la Torre (1690–1721) Fernando Ignacio Arango Queipo, O.S.A. (1721–1745) José Larumbe Mallí (1745–1751) Juan Manuel Rodríguez Castañón (1752–1769) Antonio Fernández Tobar (12-III-1770 até 20-VIII-1770) Lucas Ramírez Galán, O.F.M. (1770–1774) Domingo Ramón Fernández Angulo (1775–1796) Juan García Benito (1797–1822) (nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, renunciou) Francisco Javier García Casarrubios y Melgar, O. Cist. (1825–1855) Telmo Maceira (1855–1864) Ramón García Antón, O.S.H. (1865–1876) Juan María Valero y Nacarino (1876–1882) (tamén bispo de Cuenca) Fernando Hüe y Gutiérrez (1882–1894) Valeriano Menéndez-Conde Álvarez (1894–1914) (tamén bispo de València) Leopoldo Eijo Garay (1914–1917) (tamén bispo de Vitoria) Manuel Lago González (1917–1923) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela) Manuel María Vidal Boullón (1923–1929) Antonio García y García (1930–1938) (tamén bispo de Valladolid) Bispos de Tui-Vigo José López Ortiz, O.S.A. (10 de xullo de 1944 – 18 de febreiro de 1969, nomeado arcebispo castrense; durante o seu episcopado o nome da diocese cambiou a Tui-Vigo) José Delicado Baeza (4 de agosto de 1969 – 18 de abril de 1975, nomeado arcebispo de Valladolid) José Cerviño (8 de novembro de 1976 – 7 de xuño de 1996, retirado) Xosé Diéguez Reboredo (7 de xuño de 1996 – 28 de xaneiro de 2010, retirado) Luís Quinteiro Fiúza (28 de xaneiro de 2010 ata 25 de maio de 2024, retirado) Antonio José Valín Valdés (dende o 25 de maio de 2024)Ordenación episcopal
miniatura|"Episcopológio tudense" publicado por Galicia Diplomática en 1892.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"Díctica de los obispos de la Santa Iglesia de Tuy" en Galicia Diplomática, 1892.
Ligazóns externas Diocese de Tui-Vigo
Tui-Vigo Tui-Vigo