Ricardo Darín, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 16 de xaneiro de 1957 é un actor, director e guionista arxentino coñecido polas súas interpretacións en películas coma Nueve Reinas, El hijo de la novia, Luna de Avellaneda, El aura e El secreto de sus ojos. Está considerado coma un dos actores máis destacados do cinema arxentino.

Traxectoria miniatura|dereita|Ricardo Darín en 2010 Naceu no seo dunha familia moi relacionada co mundo do espectáculo. Con dez anos, debutou no teatro xunto aos seus pais, Ricardo Darín e Renée Roxana. Aos dezaseis acadou estabilidade dentro da televisión arxentina en programas coma Alta Comedia ou Estación Retiro. Baixo as ordes de Alberto Migré, o maior realizador arxentino de telenovelas, obtivo unha considerable popularidade ao ser o protagonista de varias das súas producións.

Na década dos anos 80, e aínda xunto a Migré, deu o salto definitivo á fama formando parte dos "galancitos", un grupo de actores novos que trasladaron éxitos da televisión ao teatro colleitando unha gran sona debido ao éxito das súas representacións. Lonxe de quedar estancado nos papeis de galán, obtivo nos anos 90 o seu éxito máis colosal no mundo da televisión coma cómico, compartindo cartel xunto a Luis Brandoni na serie Mi Cuñado, versión doutra serie da década dos sesenta.

Malia o seu traballo constante no mundo da televisión, Darín nunca abandonou o teatro e continuou a realizar obras coma Sugar, Extraña pareja, Taxi, Algo en común e Art. Comezou a súa andanza no mundo do cinema aparecendo en películas destinadas sobre todo a un público máis novo, tales coma He nacido en la ribera, Así es la vida, La rabona, Los éxitos del amor, La carpa del amor, La discoteca del amor ou La canción de Buenos Aires. Tentou un cambio de rexistro e participou noutros filmes coma El desquite, Revancha de un amigo ou La Rosales, pero o seu verdadeiro éxito tardaría algún tempo máis en chegar.

A crítica fixouse finalmente nel e elixiuno no seu papel do filme Perdido por perdido, dirixida polo debutante Alberto Lecchi. Posteriormente participou en El faro, de Eduardo Mignogna, e protagonizou El mismo amor, la misma lluvia, de Juan José Campanella, onde o seu papel foi de novo recoñecido. O seu salto definitivo chegou co filme Nueve Reinas co papel de Marcos, un ladrón de pouca envergadura na Arxentina que comeza a agonizar economicamente. A súa interpretación nesta longametraxe, que protagoniza xunto a Gastón Pauls, permitiulle facerse cun nome de peso dentro do cinema do seu país. En 2001, de novo baixo as ordes de Mignona, participou cun papel pequeno na película La fuga, e nese mesmo ano, protagonizou así mesmo El hijo de la novia, xunto a Natalia Verbeke, Héctor Alterio e Norma Aleandro. O filme foi outro grande éxito de portelo e crítica, chegando a ser nomeada coma mellor película estranxeira na edición dos Oscar do ano 2002.

En 2004 actuou en Luna de Avellaneda, onde o seu personaxe tenta rescatar o club social e deportivo dos seus pais, e en 2005 participou en El aura, onde encarna a un taxidermista con memoria fotográfica envolto nun aperto do que non quería formar parte. En 2007 aparece no filme XXY, no que interpreta o papel do acomplexado pai dun adolescente de quince anos que é hermafrodita. Ese mesmo ano, protagoniza e fai o seu debut coma director no filme La Señal, continuando así o proxecto sen rematar de Eduardo Mignogna tras o seu falecemento.

En 2009 protagonizou, xunto a Guillermo Francella, El secreto de sus ojos, no que interpreta a un secretario dun xulgado que intenta escribir unha novela sobre un crime cometido moito tempo atrás.

Salientan tamén os seus traballos en 2014 en Relatos salvajes, filme hispano-arxentino dirixido e escrito por Damián Szifron e en 2015 en Truman, filme de Cesc Gay, co que Darín gañaría un Goya á mellor interpretación masculina protagonista.

Filmografía Cinema AnoFilmePersonaxe1969La culpaFederico Ramírez1972He nacido en la riberaMiguel Notari1977Así es la vidaRogelio González1977La nueva cigarra1978La rabona1978La fiesta de todos1979Los éxitos del amor1979La carpa del amor1979Juventud sin barreras1979La playa del amorRicardo1980La canción de Buenos Aires1980La discoteca del amorEddie Ulmer1981Abierto día y noche1983El desquiteSilvio1984La Rosales1986(inédita)The StrangerClark Whistler1986Te amoGermán1986Expreso a la emboscadaTenente Lamas1987Revancha de un amigoAriel Llanarte1993Perdido por perdidoErnesto Vidal1998El faroAndy1999El mismo amor, la misma lluviaJorge Pellegrini2000Nueve reinasMarcos2001La fugaDomingo Santaló2001El hijo de la noviaRafael Belvedere2001Samy y yoSamy Goldstein2002KamchatkaPai "David Vicente"2004Luna de AvellanedaRomán Maldonado2005El auraEsteban Espinosa2006La educación de las hadasNicolás2007XXYKraken2007La señalCorvalán2007Abrígate2008Amorosa soledad2009El secreto de sus ojosBenjamín Esposito2009El baile de la VictoriaNicolás Vergara Grey2010CaranchoSosa2011Un cuento chinoRoberto2011Delirium ArgentinumRicardo Darín2011El destino del Lukong2012Elefante blancoJulián2012Una pistola en cada mano2013Tesis sobre un homicidioRoberto Bermúdez2013Séptimo2014Relatos salvajesSimón Fisher2014DeliriumRicardo Darín2015TrumanJulián

Televisión AnoTelenovela/SeriePersonaxe1977El tema es el amor1978Vos y yo, toda la vida1978Una escalera al cielo1980Casa de muñecas1981Un día 32 en San Telmo1981Me caso con vos1982Nosotros y los miedos1983Compromiso1987Estrellita mía1989RebeldeAlex Alonzo1991Buenos Aires, háblame de amorBruno Santoro1993Mi cuñadoFederico "Chiqui" Fornari1995ChiquititasEduardo1999La mujer del presidente2000Tiempo finalJuan2001Porque te quiero

Premios Premios Goya Ano Categoría Traballo Nomeado Resultado Ref.2009Mellor interpretación masculina protagonistaEl secreto de sus ojos NomeadoMellor interpretación masculina secundariaEl baile de la Victoria Nomeado2014Mellor interpretación masculina protagonistaRelatos salvajes Nomeadohttp://www.infobae.com/2015/01/07/1619416-relatos-salvajes-finalista-los-premios-goya2015Truman Gañadorhttp://premiosgoya.academiadecine.com/actualidad/detalle.php?id=497

Cóndor de Plata Mellor Actor Protagonista por El mismo amor, la misma lluvia (2000) Mellor Actor Protagonista por Nueve reinas (2001) Mellor Actor Protagonista por El hijo de la novia (2002) Mellor Actor Protagónico por El aura (2006) Mellor Actor Protagónico por El secreto de sus ojos (2010) Festival de Cine Latinoamericano de Biarritz Mellor Actor por Nueve reinas (2001) Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor Actor por El hijo de la novia (2002) Premio Sant Jordi Mellor Actor Estranxeiro por El hijo de la novia, La fuga e Nueve reinas (2002) Semana Internacional de Cine de Valladolid Mellor Actor por Luna de Avellaneda (2004) Premio Clarín Espectáculos: Figura do ano (2000) Premio Martín Fierro Mellor Actor Dramático Protagonista por La mujer del presidente (TV) (1999)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina sobre Ricardo Darín en "Cine Nacional"

Categoría:Actores de cinema da Arxentina Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1957 Categoría:Actores de televisión da Arxentina