Xesús Franco González, nado en Vigo en 1943, é un escritor galego. Nalgunhas das súas obras, ten empregado Joaquím Fariña, como pseudónimo.

Traxectoria Foi xerente de Edicións Xerais e de Publicações Dom Quixote (Portugal), e colaborou en Faro de Vigo, Ondas Galicia e Radio Vigo. Tamén foi membro fundador dos Premios da Crítica Galicia.

Nos comezos da banda deseñada en Galicia, Xesús Franco e mais Pedro Ruiz Bofill, debuxante de Faro de Vigo, editaron semanalmente no xornal as aventuras duns nenos galegos coincidindo coa invasión dos romanos. Ligada á historia máis ou menos romántica das orixes celtas, o autor mostra, coa axuda do arqueólogo, José Manuel Hidalgo Couñago como vivían os devanceiros. A Xunta de Galicia propiciou a súa publicación dos tres álbums e a editorial Galaxia a súa distribución.

Actualmente ten programas en Radio Vigo e Radio BaixoMiño así como en Televigo.

Obra Poesía Contra Mar, 1995, Galaxia. Atlántico, Atlántico, 2004, Deputación de Pontevedra. Londres, 2009, El Taller del Poeta. Matade o mar, 2009, Espiral Maior. La isla de los marinos de mierda. Círculo Rojo (con obra gráfica de Miguel Pereira) 12 horas + el retardo lunar. Círculo Rojo (con obra gráfica de Jorge García-Valenciano) A noite das palabras. Editorial: á sombra. 2016 (con obra gráfica de Antón Sobral) Prosa poética

Narrativa Blues para un asasino. First we take Manhattan, 1994 (novela negra, co pseudónimo de Joaquím Fariña). Edicións Xerais de Galicia. Matalote, 2000 (relatos), Editorial Ir Indo. Imitando a Ulyses. Diarios de Navegación, P. F. Taboada, 2012. O cazador de baleas. Círculo Rojo. "Sinbad enamorado" (conto fantástico). Editorial Babylon, 2018. "4 mujeres y 1 unicornio" (novela) Lacre - Grupo Editorial Insólitas "El otro MAR. Inquietante. Desconocido. Otro mundo" - (relatos breves) - Círculo Rojo (con dibujos de Mateo Franco)

Literatura infanto-xuvenil Os fillos de Breogán, 1985, Galaxia. Os homes do fin do mundo, 1985, Galaxia. A grande viaxe polo río, 1988, Galaxia.

Biografías Conde Cabanelas, 2013, Deputación de Pontevedra.

Obras colectivas Tamén navegar, 2011, Toxosoutos. A memoria de Vigo, 1994, Xerais Antoloxía do confinamento (poetas galegos e portugueses) 2021, Concello de Pontevedra

Premios Premio de poesía Martín Codax no 1995, por Contra Mar. Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1943