O franco (representado polo símbolo ₣ ou máis común F) foi a antiga moeda da Francia. Entre 1369 e 1641, foi o nome que recibía unha livre tournois ou libra de Tours. Foi reintroducida (en formato decimal) en 1795 e foi a moeda nacional ata a introdución do euro en 1999, para propósitos estatísticos e en 2002, de maneira oficial.
Historia Antes da Revolución Francesa O franco foi introducido polo rei Xoán II de Francia no 1360. O seu nome vén da inscrición Johannes Dei Gratia Francorum Rex (Xoán pola graza de Deus Rei dos Francos) e o seu valor foi establecido como 1 libra de Tours. Os francos foron acuñados máis tarde baixo o reinado de Carlos V de Francia, Henrique III de Francia e Henrique IV de Francia.
Lois XIII de Francia deixou de producilos en 1641, substituíndoos polo escudo francés (écu) e mailo Louis d'or, malia con isto, o termo franco continuou en uso.
Revolución Francesa O franco decimal foi establecido como moeda oficial pola Convención Revolucionaria Francesa no 1795 como a unidade decimal (1 franco = 10 décimos = 100 céntimos) ou 4.5g de prata fina. Isto foi lixeiramente inferior á libra francesa de 4.505g pero o franco quedou establecido en 1796 en 1.0125 libras. miniatura|esquerda|200px|Napoleón de 20 francos de 1803.
Imperio Francés e a Restauración No 1803 o franc germinal (nomeado así polo mes Germinal do calendario republicano francés foi establecido, creando un franco de ouro que contiña 290.32 mg de ouro. Con isto a relación entre ouro e prata quedou establecida en 1:15. O sistema perdurou ata 1864, cando as moedas de prata excepto a de 5 francos pasaron de ter o 90% de prata ó 83% sen que cambiasen os pesos.
Unión Monetaria Latina Francia foi un membro fundador da Unión Monetaria Latina (UML) no 1865. A moeda común foi baseada no franco xerminal, o nome de franco comezou a ser usado en Suíza e Bélxica, aínda que outros países mantiveron os seus propios nomes para a moeda. En 1873 a UML estableceu que 1 franco = 0,290322581 g de ouro.
Primeira guerra mundial A primeira guerra mundial puxo en dúbida a forza do franco francés, debido aos gastos ocasionados pola propia guerra, a inflación e a reconstrución do país financiada en parte mediante a impresión dunha cantidade maior de diñeiro. Todo isto reduciu o poder de compra do franco nun 70% entre 1915 e 1920 e un 43% entre 1922 e 1926. Despois dunha breve volta ó estándar de ouro entre 1928 e 1936, a moeda seguiu perdendo valor, ata valer en 1959 menos dunha cuarta parte do que valía no 1936.
O novo franco En xaneiro de 1960 o franco francés foi revaluado ós 100 francos xa existentes. As moedas dun e dous francos continuaron circulando coma céntimos, facendo 100 deles un nouveau franc (NF). A inflación continuou erosionando o valor da moeda respecto á doutros países. Cando o euro substituíu o franco no 1999, este tiña menos dun oitavo do valor orixinal de 1960. O seu uso finou en xaneiro de 2002 cando se introuciron as moedas e billetes de xeito oficial.
Circulación Francia (agás Nova Caledonia, 20px|border Polinesia Francesa, e 20px|border Wallis e Futuna). Mónaco. Andorra (coa peseta española).
Véxase tamén
Outros artigos
Franco a pé Franco a cabalo Moeda de 10 francos Mathieu Moeda de 10 francos Xenio da Liberdade Moeda de 100 francos Marie Curie Moeda dun franco de Gaulle Moeda dun franco Estados Xerais Moeda dun franco Institut de France Moeda dun franco Jacques Rueff Moeda dun franco Primeira República (1992) Moeda dun franco Sementadora (1960-2001) Napoleón (moeda)
Ligazóns externas Visión da BBC sobre o Franco francés Moedas de Francia Billetes de Francia
Categoría:Franco (moeda) Categoría:Moedas de Francia Categoría:ISO 4217 Categoría:Moedas substituídas polo euro