Fernando García Acuña, nado en Macurijes (Cuba) en 1861 e finado en Betanzos o 16 de xaneiro de 1895, foi un escritor e xornalista galego. Traxectoria De familia galega emigrada en Cuba, regresou de cativo a Galicia. Colaborou en El Censor (o primeiro periódico de Betanzos), fundou e dirixiu os semanarios anticaciquís betanceiros El Escobón e Las Riberas del Mendo e colaborou en La Libertad e A Fuliada. Tamén colaborou en O Tio Marcos d'a Portela e Galicia Humorística.

Era irmán de José García Acuña.

Está enterrado no cemiterio betanceiro.

Obra Orballeiras, 1887 (poemario en galego e castelán), con prólogo de Victorino Novo García.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Vales Villamarín, Fernando (1966). "Perfil sinxelo d'un xornalista exemplar". A Coruña. Moret.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1861 Categoría:Nados en Cuba Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Finados en 1895 Categoría:Médicos de Betanzos Categoría:Poetas de Cuba Categoría:Xornalistas de Cuba