Andaman do Medio é a illa central de Gran Andaman, cunha superficie total de 1.536 km². Pertence ao distrito administrativo de Andaman do Medio e do Norte, forma parte do Territorio da Unión de Andaman e Nicobar na India .
A súa costa foi alagada polo tsunami resultantes do Terremoto do Océano Índico 2004, aínda que o efecto foi moito menos grave en comparación con outras illas de Andaman e Nicobar.
Xeografía A illa pertence á Cadea de Gran Andaman e localízase a 73 km. ao norte de Port Blair. É a illa central das illas Andaman na India, cunha superficie total de 1.536 km². Andaman do Medio sepárase da illa de Andaman do Norte polo estreito de Austen, e da illa de Baratang no sur polo estreito de Homfray, ambas canles profundas e estreitas, dalgúns centos de metros de ancho. E da illa Interview no seu oeste polo paso navegable de Interview.Edgar Thorpe, Showick Thorpe (2011) The Pearson CSAT Manual 2011. Accessed on 2012-07-26
Administración Politicamente, Andaman do Medio, é parte dos tehsils de Mayabunder e Rangat.
Demografía A poboación de Andaman do Medio consta de colonos bengalís, támiles e keralitas. A illa é tamén o fogar de moitos indíxenas Jarawa. A principal ocupación dos habitantes é a agricultura.
As cidades principais de Andaman do Medio (poboación metropolitana entre parénteses) son Rangat (10.000), Mayabunder (5.565), Bakultala (4.454), Nimbutala (3.063), e Kadamtala (3.008).
Segundo o censo da India de 2011, a illa ten x fogares. A taxa de alfabetización efectiva (é dicir, a taxa de alfabetización excluíndo os nenos menores de 6 anos) é do 76%.
+ Demographics (2011 Census) Total Homes Mulleres Poboación 55632 28767 26865 Nenos menores de 6 anos 2065 1039 1026 Castas rexistradas 0 0 0 Tribos rexistradas 3 3 3 alfabetizados 42294 22946 19348 Traballadores (todos) 2 2 0 Traballadores principais (total) 2 2 0
Turismo A illa alberga inmaculadas fervenzas e bonitas praias. Ofrece diversión aventureira como campamentos na illa, sendeirismo, mergullo e outros deportes acuáticos.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Illas da India Categoría:Illas do Índico