A Oceanic Steam Navigation Company ou White Star Line of Boston Packets, máis coñecida como White Star Line, foi unha prominente compañía navieira británica, famosa hoxe en día por ser a propietaria do RMS Titanic, e do seu buque irmán o HMHS Britannic. En 1934 a compañía fusionouse coa súa rival, a Cunard Line, que operou de xeito independente ata 2005 e agora é parte de Carnival Corporation & PLC. Historia Comezos miniatura|O Baltic.

A primeira compañía que levou o nome de White Star Line foi fundada en Liverpool, Inglaterra por John Pilkington e Henry Threlfall Wilson, e centrada no comercio entre o Reino Unido e Australia, que se incrementou tras o descubrimento de ouro en Australia. A frota orixinal consistiu dunha asociación de veleiros RMS Tayleur, o Blue Jacket (que sería renomeado White Star), o Red Jacket, o Ellen, o Ben Nevis, o Emma, o Mermaid e mais o Iowa. O primeiro barco de vapor, o Royal Standard foi mercado en 1863. Orixinalmente a White Star Line xurdiu doutras dúas compañías máis pequenas, Black Ball e Eagle, que formaron a Liverpool, Melbourne and Oriental Steam Navigation Company Limited. Isto non prosperou e a White Star disolveuse. A White Star Line centrouse daquela na ruta Liverpool-Nova York. O banco da compañía quebrou en 1867 e a White Star foi forzada á bancarrota debido á débeda de 527.000 libras.

Clase Olympic miniatura|esquerda|Anuncio do Titanic, 1912.

A Cunard Line foi a principal competidora da White Star. En resposta a Cunard, a White Star ordenou a construción da clase Olympic: o RMS Olympic, o RMS Titanic e mais o HMHS Britannic. Mentres que a Cunard foi famosa polos seus rápidos barcos, a clase Olympic contiña os barcos máis grandes e luxosos do mundo. O Britannic foi deseñado para ser máis grande que o Titanic, e ser chamado Gigantic pero o seu nome foi cambiado pouco despois da catástrofe do Titanic. O Olympic foi o único barco da clase que foi rendible para a White Star. o Titanic afundiuse na súa primeira viaxe, mentres que o Britannic foi requisado polo goberno británico e foi empregado coma barco hospital. O Britannic afundiuse tras chocar cunha mina o 21 de novembro de 1916.

A White Star Line hoxe As oficinas da White Star Line en Londres, chamadas Oceanic House, aínda existen hoxe. Están moi preto de Trafalgar Square, e aínda se pode ver o nome do edificio na entrada.

O barco de pasaxeiros francés SS Nomadic, último supervivente da White Star Line, foi adquirido polo Departamento de Desenvolvemento Social de Irlanda do Norte en xaneiro de 2006. Desde entón está en Belfast, onde foi anovado baixo a supervisión da Nomadic Preservation Trust coa axuda dos construtores orixinais, Harland and Wolff. Foi transformado na peza principal dun museo adicado á historia das viaxes atlánticas, á White Star Line, e o seu máis famoso barco, o RMS Titanic. Do mesmo xeito, a Cunard introduciu o Servizo White Star como nome da marca dos seus barcos o RMS Queen Mary 2, o MS Queen Victoria e o MS Queen Elizabeth. A White Star Academy, é utilizada para preparar os membros da tripulación da Cunard Line.

A bandeira da White Star Line é izada nos Queens cada 15 de abril, en memoria do desastre do Titanic.

Véxase tamén Ligazóns externas http://titanic.deep-ice.com/ http://www.maritimequest.com/liners/titanic_page_1.htm https://web.archive.org/web/20090913155749/http://www.chriscunard.com/archives3.htm https://web.archive.org/web/20060503185343/http://www.cunardwhitestar.com/

Categoría:White Star Line