A dinastía de Avis (ou Avís), ou dinastía xoanina, foi a segunda dinastía a reinar en Portugal, entre 1385 e 1581 - 1582.SERRÃO, Joaquim Veríssimo, O Reinado de Antonio Prior do Crato (1580-1582), Coimbra, 1956. Sendo a primeira data (1581) a aclamación de Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, e a segunda (1582), o abandono definitivo do territorio portugués polo rei derrotado, Antonio, quen se viu obrigado a pasar de Angra do Heroísmo a Francia a continuar o combate por outros medios. Tivo inicio a finais da crise de 1383-1385, cando o mestre da Orde de Avis, Xoán, fillo natural de el-rei Pedro I, foi aclamado rei nas cortes de Coimbra.

Antes disto, e para permitir isto, dérase a derrota do partido favorable á raíña destronada, Beatriz, muller de Xoán I de Castela, definitivamente vencida na batalla de Aljubarrota o 14 de agosto de 1385.

A casa de Avis, sucesora familiar da anterior dinastía afonsina, reinou no territorio peninsular de Portugal entre 1385 e 1581, cando Antonio é vencido e destronado na batalla de Alcántara, sendo aclamado no seu lugar o estranxeiro Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, baixo a ameaza do seu exército que xa ocupara Lisboa. Pero reina aínda nos Azores ata 1582, coa caída de Angra do Heroísmo, cando a Illa Terceira e as restantes illas azorianas réndense á armada invasora do marqués de Santa Cruz.

A dinastía de Avis é substituída pola unión entre as coroas de Portugal e de todos os demais reinos de Filipe II, que deu comezo á dinastía dos Habsburgo ou dinastía de Austria.

Reis da Dinastía de Avis Xoán I (r. 1385 - 1433, despois do Interregno que destronou a raíña Beatriz) - fillo natural de Pedro I e medio-irmán do rei Fernando I de Portugal Duarte (r. 1433 - 1438) - fillo de Xoán I. Afonso V (r. 1438 - 1481) - fillo de Duarte. Xoán II (r. 1481 - 1495) - fillo de Afonso V. Manuel I (r. 1495 - 1521) - curmán de Xoán II. Xoán III (r. 1521 - 1557) - fillo de Manuel I. Sebastián I (r. 1557 - 1578) - fillo de Xoán, Príncipe de Portugal Henrique (r. 1578 - 1580) - tio avó de Sebastián. Antonio (r. 1580 - 1581) - sobriño de Henrique, fillo do casamento secreto do Infante Luís coa Violante Gomes. miniatura|180px|Bandeira da Casa de Avis|centro Notas