Antonio Ramírez de Haro, nado a finais do século XV en Villaescusa de Haro e finado o 16 de setembro de 1549 en Burgos, foi un nobre e bispo castelán que pertenceu ao Consello Real de Carlos I de España. Foi capelán maior da Infanta Leonor de Austria, que despois sería raíña de Portugal e Francia. Tamén ostentou dignidades eclesiásticas de importancia, dirixindo entre outras a diocese de Ourense entre os anos 1537 e 1539.

Traxectoria Estudou na Universidade de Salamanca integrado no Colexio Maior de Cuenca, fundado polo seu tío Diego Ramírez de Fuenleal bispo de Astorga, Cuenca e Málaga. Pronto alcanzou os cargos de arcediago de Huete, abade de Santa María de Arbas e capelán maior de Leonor de Austria, por aquel entón infanta de Castela.

O rei Carlos I de España nomeouno inquisidor e comisario apostólico na cidade e Reino de Valencia e no Principado de Cataluña para vixiar a reconversión dos mouriscos. Satisfeito polo seu labor o rei nomeouno Bispo da diocese de Ourense, posto que ostentou ata 1539, cando pasou á de Ciudad Rodrigo, e posteriormente ás de Calahorra e Segovia, posto no que exerceu ata a súa morte en 1549.

Categoría:Nados en Villaescusa de Haro Categoría:Finados en 1549 Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Inquisidores Categoría:Bispos da diocese de Ourense Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Personalidades sen imaxes