Os guerreiros (en ) é un filme estadounidense de acción e suspense de 1979 dirixido por Walter Hill baseado na novela homónima de Sol Yurick de 1965, á súa vez inspirada na epopea narrada por Xenofonte da Anábase. A pesar da súa recepción inicialmente negativa, Os guerreiros converteuse desde entón nun filme de culto e foi reavaliada pola crítica.
Foi estreado en galego a través da TVG o 15 de febreiro de 1991.
Sinopse Cyrus, líder dos Gramercy Riffs, a banda máis poderosa da cidade de Nova York, convoca un cumio de medianoite das bandas da cidade, solicitándolles que envíen nove delegados desarmados ao parque Van Cortlandt. Os Guerreiros, unha modesta banda multirracial de Coney Island, asisten ao cumio.
Cyrus propón á multitude reunida unha tregua en toda a cidade que permitiría ás bandas controlar a cidade xuntas, xa que superan en conxunto á policía por tres a un. A maioría dos membros da banda aplauden esta idea, mais Luther, o desequilibrado e sádico líder dos Rogues, dispara a Cyrus cando os policías chegan a asaltar o cume.
Elenco
Michael Beck como 'Swan' James Remar como 'Ajax' Deborah Van Valkenburgh como 'Mercy' Marcelino Sánchez como 'Rembrandt' David Harris como 'Cochise' Tom McKitterick como 'Cowboy' Brian Tyler como 'Snow' Dorsey Wright como Cleon Terry Michos como 'Vermin' David Patrick Kelly como Luther Roger Hill como Cyrus Edward Sewer como MasaiNos créditos identifícase incorrectamente a Dennis Gregory como Masai, mentres que Sewer é acreditado como Gramercy Riff. Lynne Thigpen como D.J. Thomas G. Waites como 'Fox'Waites pediu non ser acreditado
Estrea Os guerreiros estreouse o 9 de febreiro de 1979 en 670 salas sen proxeccións anticipadas nin unha campaña promocional digna e recadou 3,5 millóns de dólares durante a súa primeira fin de semana.
A seguinte fin de semana relacionouse o filme con abrochos esporádicos de vandalismo e tres asasinatos (dous no sur de California e un en Boston) que implicaron xente que ía camiño das salas de exhibición. Isto levou a que Paramount Pictures parase temporalmente a súa campaña publicitaria e liberase os propietarios do teatro da súa obriga de exhibir o filme.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas 2006 Warriors Cast Reunion
Categoría:Filmes de 1979 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Walter Hill Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes de 1979 con versión en galego Categoría:Filmes sobre violencia