Para unha maior información véxase o artigo: República Federal Socialista de Iugoslavia A República Democrática Federal de Iugoslavia (en croata: Demokratska Federativna Jugoslavija, en esloveno: Demokratična Federativna Jugoslavija, en macedonio e serbio: Демократска Федеративна Југославија) foi a denominación oficial de Iugoslavia entre 1943 e 1946, sendo substituído polo de República Federal Popular de Iugoslavia e finalmente, en 1963 polo de República Federal Socialista de Iugoslavia.
A República Democrática Federal de Iugoslavia xurdiu tras a vitoria dos partisanos, liderados por Josip Broz Tito, contra os alemáns e croatas. O Partido Comunista de Iugoslavia chegou ao poder, e aplicou un sistema económico socialista de corte leninista. Tito converteuse en Primeiro Ministro.
Véxase tamén Iugoslavia República Federal Popular de Iugoslavia República Federal Socialista de Iugoslavia
Categoría:Iugoslavia Categoría:Historia de Bosnia e Hercegovina Categoría:Historia de Croacia Categoría:Historia de Eslovenia Categoría:Historia de Montenegro Categoría:Historia de Kosovo Categoría:Historia de Serbia Categoría:Historia de Macedonia do Norte