O klingon (tlhIngan Hol, pronunciado foneticamente como /ˈt͡ɬɪŋɑn xol/) é unha lingua artificial e artística, creada por Marc Okrand para os estudios Paramount Pictures, como idioma vernáculo da raza klingon no universo de Star Trek.
Este idioma foi deseñado cunha orde de palabras tipo obxecto-verbo-suxeito (OVS).
Os sons básicos, xunto cunhas poucas verbas, foron orixinalmente creados polo actor James Doohan para o primeiro filme baseado na serie orixinal, Star Trek: The Motion Picture. Este filme foi a primeira ocasión na que a lingua puido ser oída, xa que nas aparicións anteriores na serie orixinal os klingon falaran sempre en inglés propio no que se rodou a serie. Foi Marc Okrand quen ampliou o escaso vocabulario creado por Doohan, creando un amplo léxico e unha gramática completa, para Star Trek III: The Search for Spock e as producións posteriores.
O idioma klingon é denominado ás veces como klingonese (traducible como "klingonés"), se ben esta denominación refírese a outra lingua dos klingon que aparece nas novelas de John M. Ford baseadas no mundo de Star Trek, o klingonaase.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Traducións da Biblia a linguas ficticias Bibliografía Marc Okrand (1992): The Klingon Dictionary. Simon & Schuster, Nova York. ISBN 0-671-74559-X Marc Okrand et alii (1996): The Klingon Way: A Warrior's Guide Cassette. ISBN 0-671-57380-2 Marc Okrand (1997): Klingon for the Galactic Traveler. Pocket Books. ISBN 0-671-00995-8
Ligazóns externas Klingon wikia (Wiki en Klingon) tlhIngan Hol yejHaD (Instituto da Linguaxe Klingon) Libro de frases klingon-inglés Publicacións referentes ao idioma klingon Klingon as Linguistic Capital (en inglés) Klingonska Akademien (en inglés e sueco) Google en klingon Proverbios klingon (Wikiquote en inglés) Linguas artificiales, de Ardalambion
Categoría:Linguas ficticias Categoría:Linguas aglutinantes