250px|miniatura|A Virxe da Piedade de Cartagena. O Luns Santo é o segundo dos días da Semana Santa, cuxo comezo ten lugar o Domingo de Ramos, e durante a cal os cristiáns conmemoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret. Así se pon de manifesto na liturxia das distintas cerimonias que teñen lugar en Semana Santa nas distintas confesións cristiás.
Ademais dos actos celebrados nos templos, diversas manifestacións populares teñen lugar durante a Semana Santa en todo o mundo, destacando as procesións que se organizan en moitos pobos e cidades, como Cartagena, Cuenca, León, Málaga, Salamanca, Sevilla, Valladolid, Ferrol e Viveiro.
Liturxia A diferenza doutros días da Semana Santa que contan con cerimonias singulares, o Luns Santo a Igrexa católica continúa a celebración normal da misa. Durante esta, o Evanxeo que é proclamado reflicte a pasaxe da Unción en Betania, en casa de Lázaro, no que unha das irmás deste, María unxe a Xesús con custosos perfumes. A lectura corresponde ao Evanxeo de San Xoán:
Celebracións En Ferrol sae a procesión da Coroación de Espiñas, a Primeira Caída e a Virxe da Amargura, ao caer a noite. En Viveiro ten lugar a tamborrada.
Véxase tamén
Categoría:Semana Santa