A Cabra do Cubeliño ou Petróglifo da Pedra da Cabra ou A Laxe das Cabras ou Pena da Cabra é un petróglifo situado na parroquia de Cespón (Boiro).

Características

Na estrada de Cespón a Abanqueiro, pasado Quinteiro por unha pista á dereita, atópase o lugar do Cubeliño. O petróglifo está a uns 200 metros da estrada nunha pendente poboada de mimosas. Está formado por dúas figuras zoomorfas de seis patas, unha delas incompleta. A figura maior mide 45 x 52 cm e representa dun xeito moi esquemático un cervo con pequenos corvos.

Notas

Categoría:Petróglifos de Galicia Categoría:Boiro