Kosmogonías é o título do quinto disco de Berrogüetto, publicado o 26 de abril de 2010 e que ten a novidade de ser o primeiro no que a formación galega ten a Xabier Díaz como cantante.

Composto por once cancións, Kosmogonías mantén o seu estilo tan persoal e definido por Berrogüetto dende os seus inicios. Innovadores dende o seu primeiro traballo, este último disco supón unha colección de sons orgánicos, un traballo delicado onde se plasma a alma de Berrogüetto a través da súa especial concepción musical. Xunto á súa acostumada sensibilidade, atopamos as colaboracións de escritores como Rosa Aneiros ou Manuel Rivas, quen cedeu un dos seus poemas como letra de Alalá da noite.

Lista de cancións

Véxase tamén Ligazóns externas MySpace de Berrogüetto Datos do álbum en dismedi.com

Categoría:Álbums musicais de 2010 Categoría:Álbums de Berrogüetto