Os crimes na rúa Morgue é un relato de Edgar Allan Poe, publicado en 1841.
Está encadrado nos casos de Monsieur Dupin, considerados como os primeiros relatos de misterio da literatura. Desenvolve aquí os elementos típicos da novela de misterio: un investigador de dotes excepcionais e o relato das súas aventuras a través dun compañeiro de residencia. Dupin constitúe un paradigma, desenvolvido despois en Sherlock Holmes.
Neste caso, Dupin debe resolver a estraña morte de dúas mulleres, unha nai e a súa filla, aparecidas mortas no seu domicilio de París.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na páxina da editorial
Categoría:Obras literarias de 1841 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego