A Irish Rugby Football Union, IRFU (en irlandés: Cumann Rugbaí na hÉireann) é o corpo administrador do rugby en Irlanda. A IRFU ten como sede o estadio de Lansdowne Road, onde o equipo da illa xoga os seus compromisos internacionais. A Unión posúe tamén os campos de Ravenhill Stadium en Belfast, Thomond Park en Limerick e varios campos nas áreas provinciais que son alugados aos clubs.
Actualmente hai arredor de 95.000 xogadores en total na Irlanda, onde 56 clubs están afiliados á Subdivisión (Branch) de Ulster; 71 á Subdivisión de Leinster: 59 da Subdivisión de Munster e 19 á Subdivisión de Connacht. Ademais, hai 246 escolas de rugby, en Ulster (107), Leinster (75), Munster (41) e Connacht (23). Historia Inicialmente había dúas unións fundadas en 1874: a Irish Football Union que tiña unha xurisdición sobre os clubs de Leinster, Munster e parte do Ulster; e a Northern Football Union of Ireland, que controlaba a área de Belfast. A IRFU foi fundada en 1879 coma amálgama entre os dous organismos anteriores e foron creadas as divisións de Leinster, Munster e Ulster. A división de Connacht foi creada en 1886.
A IRFU foi un dos membros fundadores da International Rugby Board en 1886 con Escocia e Gales. (A Inglaterra non se uniu até 1890).
A raíz da división política de Irlanda en dous estados: a República de Irlanda (orixinalmente o Estado Libre de Irlanda) e Irlanda do Norte (unha división política do Reino Unido), o Comité da Irish Rugby Football Union, decidiu que seguiría a administrar os seus asuntos sobre a base dos 32 condados de Irlanda e a tradicional de catro provincias de Irlanda: Leinster (12 condados), Ulster (9 condados), Munster (6 condados) e Connacht ( 5 condados).
Isto conduciu a unha situación única entre os equipos internacionais de rugby, onde os equipos representativos de Irlanda se forman extraendo xogadores de dous países distintos: Irlanda (un Estado independente e soberano) e Irlanda do Norte (unha división administrativa do Reino Unido). Para manter a unidade do rugby irlandés e os vínculos entre Norte e Sur, a IRFU comprou un novo terreo en 1923 en Ravenhill distrito de Belfast a un custo de 2.300 £. O primeiro partido internacional en Ravenhill, enfrontou a Irlanda con Escocia hai máis de medio século (en 1953-54), no partido os irlandeses obtiveron a vitoria por 6 a 0. Australia xogou contra Romanía na Copa do Mundo de rugby de 1999 nese estadio. O seguinte compromiso internacional disputado en Ravenhill foi un partido amigable fronte á Italia en agosto de 2007, debido ao peche temporal de Lansdowne Road para a súa reconstrución.
Durante os anos 1880s as catro divisións provinciais da IRFU xogaron por primeira vez competicións de copa, e malia que estas competicións aínda teñen lugar tódolos anos, a súa importancia diminuíu debido á chegada da AIB League de 48 Clubs Senior en 1990.
As catro provincias xogan competicións internacionais dende os anos '20 e continúan a ser un foco de xogadores de proxección internacional. Munster, Leinster e Ulster continúan e ser os tres equipos fortes, xunto con Connacht no Oeste da Illa, tradicionalmente as provincias máis febles nos resultados (Connacht) reciben só a metade da cantidade de cartos que reciben as outras tres provincias da IRFU. As catro provincias xogan na Magners League na súa categoría sénior.
Véxase tamén Selección de rugby de Irlanda Connacht Rugby Leinster Rugby Munster Rugby Ulster Rugby Ligazóns Irish Rugby Football Union
Categoría:Federacións nacionais de rugby Categoría:Rugby en Irlanda