Ciudad Lineal é un distrito da cidade de Madrid situado no leste da cidade.

Limita polo norte co distrito de Fuencarral-El Pardo, polo leste cos distritos de Hortaleza e San Blas-Canillejas, polo sur co distrito de Moratalaz, polo oeste cos distritos de Salamanca e Chamartín. Ten unha superficie de 11,43 km² e ten 220.345 habitantes no ano 2023. En 1970 coa reorganización da división administrativa dos distritos, incluíronse ao distrito de Ciudad Lineal xunto cos outros 17 distritos que lle dividiron.

Datos históricos

En 1892 don Arturo Soria y Mata publica: Proxecto de Ciudad Lineal ao redor de Madrid, a cal rodeando a capital por fóra do seu límite municipal, uníaa cos pobos que se agregaron en 1948-49: Canillas, Hortaleza, Chamartín, etc.

En 1894 constitúese a Compañía Madrileña de Urbanización, co fin de edificar a Ciudad Lineal, a súa existencia foi breve, xa que houbo de disolverse por falta de medios cando só terminara o primeiro treito do ambicioso proxecto: entre a estrada de Aragón e Chamartín de la Rosa.

Utopía e realismo mesturados interviñeron no crecemento que fíxose, unha vez fracasado o plan oficial, como suburbio privilexiado de Madrid. Sobreviven algúns hoteis na zona comprendida entre a Avenida de América e a estrada de Aragón.

Dos edificios recentes hai que destacar o Instituto Eduardo Torroja, o Club de Stella e as vivendas unifamiliares que contruyeron os arquitectos Coderch e Valls en 1958.

Barrios Este distrito está dividido en nove barrios:

Atalaya Colina Costillares Concepción Pueblo Nuevo Quintana San Juan Bautista San Pascual Ventas

Véxase tamén Referencias

Bibliografía

Ligazóns externas

Información do distrito Actividades e eventos Direccións e teléfonos Publicacións e convocatorias Participación cidadá Información sobre os Plenos do distrito Retransmisión do Pleno en directo Galería de retransmisións do Pleno

Categoría:Distritos de Madrid