O departamento de Artigas é un dos dezanove departamentos nos que se divide administrativamente o territorio do Uruguai. A súa capital é a cidade de Artigas.

Áchase no norte do estado, limitando polo norte e leste co Brasil, do cal está separado polo Río Cuareim; polo sur, co departamento de Salto e polo oeste coa República Arxentina, co río Uruguai no medio. No seu vértice noroeste atópase a cidade de Bella Unión, que recibe ese nome debido a que se encontra na fronteira co Brasil e a Arxentina.

Xeografía Orografía No seu solo aflora case exclusivamente o basalto, parte do gran manto volcánico que cobre 800.000 km² na conca dos ríos Paraná e Uruguai. A cuchilla de Belén recorre o departamento de leste a oeste, dividindo as choivas e levando as súas augas cara ao río Cuareim, ao norte, e cara ao río Arapey Chico, ao sur.

Hidrografía A paisaxe dá lugar a pequenas quebradas que albergan cursos de augas. Cara ao río Cuareim flúen longos arroios, como o Cuaró, o Tres Cruces, o Yacutujá e o Catalán.

Toponimia Característica salientábel do departamento de Artigas é a súa toponimia de orixe guaraní. Ríos, arroios, cerros, flora e fauna conservan as voces dos antigos poboadores.

Goberno O Departamento de Artigas está gobernado pola Intendencia Municipal de Artigas.

Historicamente foi un departamento con neto predominio colorado. Nas eleccións de 1958, amplamente gañadas polo Partido Nacional, o único departamento que mantivo unha Intendencia colorada foi Artigas. Mais a crise económica do 2002 afundiu ao Partido Colorado e fixo que por primeira vez Artigas tivese un intendente branco: Julio Silveira.

Economía 250px|miniatura|Plantacións en Bella Unión, no norte do departamento. Os recursos naturais determinan tres actividades. Na maior parte explótase a gandaría extensiva, con bovinos e ovinos, e produtos de granxa. Nas pradeiras pardas, negras e areosas próximas a Salto predomina a actividade agrícola, en especial o cultivo de arroz, trigo, millo e cítricos. Ao sur da capital de Artigas, predominan a explotación de arenitas de Tacuarembó e do basalto. Esa zona ten unha explotación agrícola de baixo rendemento económico. Tamén existe unha explotación mineira, sen gran desenvolvemento, de pedras semipreciosas —principalmente ágatas e ametistas— na conca dos arroios Seco, Tres Cruces e Cuaró e nas ladeiras de Yacaré, Cururú, Belén e Catalán. A actividade industrial caracterízase polo tallado de pedras semipreciosas, elaboración de curtidos, o enxeño azucreiro, a industria madeireira e o conxelado de froitas e verduras.

Entre os seus atractivos turísticos conta co parque sobre o río Cuareim e a Barra en Bella Unión.

Principais centros urbanos (Vilas ou cidades cunha poboación de 1.000 ou máis persoas - datos do censo do 2004.)

Cidade/Pobo Poboación Artigas 41.687 Bella Unión 13.187 Tomás Gomensoro 2.818 Baltasar Brum 2.472 Las Piedras 2.472 Pintadito 1.487

Notas

Artigas