A bandeira de Serbia (en , Zastava Srbije) é tricolor, con tres franxas horizontais iguais, sendo vermella a de arriba, azul a do medio e branca a de abaixo. Son as cores do paneslavismo.

A mesma tricolor, con algunhas variacións, foi a bandeira de Serbia ao longo da súa historia, e é a bandeira étnica do pobo serbio. A bandeira estatal porta tamén o escudo de armas de Serbia, centrado verticalmente e desprazado cada o lado do mastro unha sétima parte da lonxitude total do pavillón. A forma actual da bandeira foi adoptada oficialmente en novembro de 2010.

Deseño A proporción oficial da bandeira é de 2:3 (alto/longo),Standards of Flag and Coat of Arms, Parliament of Serbia coas tres cores ocupando cada unha un terzo da alzada. As cores recomendas, comezando de arriba a abaixo son: Sistema Vermello Vermello Azul Amarelo Negro|Negro Pantone 192C 704C 280C 123C X CMYK 0-90-70-10 0-90-70-30 100-72-0-19 4-24-95-0 X-X-X-100

Historia A bandeira serbia, en realidade é o pavillón ruso invertido. Antes do Primeiro Levantamento Serbio contra os otománs, unha delegación de Serbia foi a Rusia na procura de axuda. Esta foi concedida, e a delegación quixo mostrar o seu recoñecemento pedíndolles utilizar a bandeira rusa como a pavillón militar de Serbia nas batallas.

A partir de aquí a historia toma sentidos diferentes segundo as versións: a primeira di que a aprobación foi concedida, pero que a delegación esqueceu como estaban ordenadas as cores e a segunda di que a aprobación non foi concedida e os serbios usaron a bandeira rusa invertida para molestar aos rusos.

Bandeiras históricas

Outras bandeiras

Notas

Véxase tamén Outros artigos Escudo de Serbia

Ligazóns externas

Categoría:Símbolos de Serbia Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras de Serbia Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 2010 Categoría:Bandeiras con cruces Categoría:Bandeiras con animais