O Centro público integrado Tino Grandío é un colexio situado na localidade de Guntín de Pallares, concello de Guntín.
Organización e características O centro imparte ensinanzas de educación infantil, educación primaria e ESO. Conta cun total de 135 alumnos/as e 30 docentes (curso 2017/2018).
O actual edificio de educación primaria foi inaugurado no ano 1981 como colexio público de EXB. No curso 1998-1999 inaugurouse o edificio anexo no que se localizaron as ensinanzas de ESO. Ambos os dous edificios están unidos por un corredor no que se sitúan as aulas de educación infantil. A dotación de infraestruturas complétase cun polideportivo e un ximnasio na parte posterior dos edificios.
No ano 2001 o CP de Guntín pasou a denominarse CPI Tino Grandío na honra do pintor Tino Grandío, natural de Lousada, no concello de Guntín. Atópase a uns 200 metros da estrada N-640.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Tino Grandío Tino Grandío Categoría:Guntín