miniatura|Parella de baile de salón
Os bailes de salón son aqueles que se bailan en parella de forma coordinada e seguindo o ritmo da música.
Historia Na súa orixe eran moi populares e a súa repercusión social foi de tal magnitude que deu lugar a creación de salas específicas, que compostas por unha orquestra e un pavimento axeitado facilitaron a súa práctica. Na actualidade practícanse tamén como modalidade deportiva en competicións organizadas e regulamentadas polas correspondentes federacións nacionais e internacionais.
Tanto na súa versión social como na de competición e deportiva os movementos e interaccións da parella axústanse a patróns previamente establecidos que, asociados coa música caracterizan os distintos bailes.
Isto motiva que a súa práctica requira dunha aprendizaxe previa que xa cando se transmitía de pais a fillos e na actualidade pode ser adquirido en academias de danza.
Estilos de bailes De salón social Entre os máis coñecidos e ordenados alfabeticamente figuran: Bolero Bachata Conga Cumbia Cha-cha-chá Chotis Danzón Fox-Trot Hustle Mambo Merengue Milonga Pasodobre Pericón Polca Rock and roll Salsa Salsa en liña Sevillana Ska Son cubano Swing Tango arxentino Valse inglés Valse vienés
De competición Hai dúas modalidades : Latinos e Estándar. Nos latinos o baile é máis solto e animado. No estándar o baile libre faise máis pegado e cunha forma compacta e estirada. Latinos No primeiro lugar a samba No segundo lugar o chachachá No terceiro lugar a rumba bolero No cuarto lugar o pasodobre español E por último o jive ou rock and roll
Estándar Quickstep Fox lento Tango Valse inglés Valse vienés
Véxase tamén
Bibliografía Bailemos tango (Copes, Juan C.) Bailes de salón (Saez, Daniel) Bailes de salón (Muñoz, Jose Ignacio) Curso de baile sin maestro (Zendri, L. y Gelmeti, C.) Manual de Baile de Salón (Laird, Walter) Paso a Paso (Bailes de Salón) (Almagro, Mª Dolores) Tango, El (Barreiro, Javier)
Categoría:Estilos de baile
sv:Pardans