O meglenorromanés é unha lingua romance integrante do conxunto das linguas romances orientais, emparentado co romanés que se fala nalgunhas poboacións do norte de Grecia e o sur de Macedonia do Norte. O meglenorromanés está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Os falantes deste idioma denomínanlle vlaheshte (valaco), mentres que en romanés, do cal moitas veces é considerado un dialecto, chámaselle limba meglenoromână. O megleno-romanés é falado en 2006 por tan só entre cinco mil e doce mil persoas, principalmente no val do río Meglená, poucos quilómetros ao nordés de Salónica, nas prefecturas gregas de Kilkís e Serres e en menor número en Macedonia do Norte inmediatos á fronteira grega próxima ao Meglená. Ao concluír a primeira guerra mundial uns 1.200 megleno-romaneses emigraron cara Romanía estabelecéndose no poboado de Cerna, distrito de Tulcea mais, dadas as afinidades lingüísticas, o idioma megleno-romanés diluíuse ante o idioma dacorrumano.

É moi probable que o megleno-romanés derive do arromanés, por outra banda, dadas as moitas afinidades co istro-romanés algúns lingüistas consideran que o megleno-romanés é transnacional entre o arromanés e o istro-romanés.

Notas

Categoría:Linguas románicas orientais Categoría:Linguas de Grecia Categoría:Linguas de Macedonia do Norte Categoría:Linguas de Romanía