Anthony Asquith, nado en Londres o 9 de novembro de 1902 e finado o 20 de febreiro de 1968, foi un director cinematográfico británico. Fillo de Herbert Henry Asquith, primeiro ministro do Reino Unido, e Margot Asquith.

Traxectoria Entre as súas producións destacan The Browning Version (1951) e The Winslow Boy (1948). Tamén dirixiu unha versión da obra de George Bernard Shaw, Pygmalion.

Filmografía 1927: Shooting Stars 1938: Pygmalion 1945: The Way to the Stars 1951: The Browning Version 1952: The Importance of Being Earnest 1954: The Young Lovers 1958: Orders to Kill 1960: The Millionairess 1962: Pistolas na escuridade 1964 The Yellow Rolls-Royce

Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1968