Superman é un filme sobre o personaxe de cómic Superman, o primeiro da serie fílmica de Superman. Foi candidata a tres Óscar e tivo un premio especial da Academia polos seus efectos especiais. Estreouse en galego na TVG o 12 de outubro de 2008.

Sinopse

O planeta Krypton está abocado á súa destrución debido á inestabilidade do uranio que compón o núcleo do planeta, inestabilidade que acaba provocando a explosión do planeta. Jor-El (Marlon Brando), científico e alto cargo do Consello, tras intentar en van convencer o máximo órgano de goberno de Krypton de que se debe proceder á inmediata evacuación do planeta, decide salvar o seu único fillo, o pequeno Kal-el, enviándoo ao planeta Terra. Trala partida, o sol vermello arredor do cal orbita Krypton, Rao, convértese en supernova, á vez que Krypton estoupa.

O bebé é recollido por unha parella de granxeiros, os Kent, que o crían como fillo seu baixo o nome de Clark. Clark non é un humano normal, a súa fisioloxía kriptoniana dótao de incríbeis poderes. Xa adulto Clark Kent (Christopher Reeve) comeza a traballar como periodista para o Daily Planet e terá que salvar a súa compañeira Lois Lane (Margot Kidder) cunha identidade falsa pola que todo o mundo o coñecerá, Superman. Mais a inesperada aparición de Superman non lle gustará nada a Lex Luthor (Gene Hackman), o cal non se vai deixar dobregar por el.

Personaxes Marlon Brando como Jor-El Gene Hackman como Lex Luthor Christopher Reeve como Clark Kent / Superman Ned Beatty como Otis Jackie Cooper como Perry White Glenn Ford como Jonathan Kent Trevor Howard como Primeiro Ancián Margot Kidder como Lois Lane Jack O'Halloran como Non Valerie Perrine como Eve Teschmacher Maria Schell como Vond-Ah Terence Stamp como Xeneral Zod Phyllis Thaxter como Martha Kent Susannah York como Lara Jeff East como Clark Kent de adolescente Marc McClure como Jimmy Olsen Sarah Douglas como Ursa Harry Andrews como Segundo Ancián

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1978 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Richard Donner Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes rodados en Alberta Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes sobre armas e guerras nucleares Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1978 con versión en galego