Lavalleja está redirixido cara este artigo, para o militar e político uruguaio con este apelido vexa Juan Antonio Lavalleja

Lavalleja é un departamento uruguaio que se acha no sueste do país. A súa capital é Minas. Ten unha área de 10.016 km² e no 2004 posuía 60.925 habitantes.

Localización e características Limita polo norte co departamento de Treinta y Tres, polo leste co de Rocha, polo sur cos de Canelones e de Maldonado, e polo oeste co de Florida.

O nome do departamento provén do brigadier xeral Juan Antonio Lavalleja, quen tivo unha destacada actuación militar e política na loita independentista do país e que era natural do mesmo.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Intendencia Municipal de Lavalleja.

Lavalleja