Cupido é un satélite interior de Urano. Foi descuberto por Mark Showalter e Jack J. Lissauer no 2003 usando o Telescopio Hubble. Recibiría máis tarde o nome da personaxe da obra de William Shakespeare, Timon of Athens.

E o máis pequeno do satélites interiores de Urano, estimase que o seu diámetro é de tan só 18 km. O seu pequeno tamaño e a súa escura superficie fixeron que as cámaras da sonda espacial Voyager 2 non detectasen a lúa durante o seu sobrevoo de Urano no ano 1986.

A órbita de Cupido esta separada só 863 km da órbita da lúa Belinda, que é moito máis grande. Incriblemente -e comparada con Mab e Perdita, satélites de Urano recentemente descubertos- Cupido non semella te-la súa órbita alterada pola influencia de Belinda.

Mentres que Cupido non recibiu o seu nome oficial, tiña a designación temporal de S/2003 U 2. Tamén é designada Urano XXVII.

Non debe ser confundido co asteroide 763 Cupido.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Urano

Ligazóns externas Hubble Uncovers Smallest Moons Yet Seen Around Uranus – Hubble Space Telescope news release (25 de setembro de 2003)

Categoría:Lúas de Urano