O acusativo é o nome dun caso que nas linguas flexivas de raíz indoeuropea é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento directo, aínda que pode aparecer tamén noutras como na expresión da dirección etc.

O caso acusativo provén do chamado polos primeiros gregos causal. Apolonio Díscolo viu que o acusativo non era o caso da causa, senón o caso do efecto. Os latinos, por falsa tradución, déronlle o nome que aínda segue vixente.

No acusativo adóitase ver a expresión dunha relación inmediata entre o verbo e o obxecto ao que se refire a acción verbal, sendo, xa que logo, o caso por excelencia do complemento directo: polaco "Mam dobrą szafę" - "Teño bon armario".

En latín distínguense, entre outros, os seguintes empregos particulares do acusativo:

Acusativo complemento de nome. Acusativo exclamativo. Acusativo proléptico. Acusativo de cualificación. Acusativo de extensión. Acusativo de duración. Predicativo ou adxunto. Acusativo de dirección. Dobre acusativo. Acusativo neutro ou adverbial. Acusativo grego (de relación ou de parte).

Categoría:Caso gramatical