Walter A. Brown, nado o 10 de febreiro de 1905, finado o 7 de setembro de 1964, foi o primeiro propietario do equipo Boston Celtics da NBA e unha figura importante no hóckey sobre xeo nos Estados Unidos.

Nado en Hopkinton, Massachusetts, asistiu á Boston Latin School dende 1922 até 1923 e á Philips Exeter Academy de 1923 a 1926. Tras suceder a seu pai como representante do Boston Garden, axudou a fundar a BAA en 1946, e foi unha peza fundamental na unión entre as ligas BAA e NBL en 1949 que actualmente forma a NBA. Fundou os Celtics en 1945 e como propietario gañou seis aneis en oito anos antes do seu pasamento.

En 1965 entrou no Basketball Hall of Fame, e no de hóckey en 1962.

Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Executivos Boston Celtics Categoría:Propietarios dos Boston Bruins Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Finados en 1964