miniatura|dereita|250px|Estadio Municipal de Río Seco O Narón Balompé Piñeiros foi un club de fútbol galego do concello de Narón, na provincia da Coruña. Foi fundado no ano 1996 pola fusión da U.D. Piñeiros co club de fútbol sala Narón Balompé. Na temporada 2007/08, a mellor da súa historia, chegou a disputar a Fase de Ascenso á 2ª División B grazas ao 3º posto acadado na liga regular, sendo eliminado polo Antequera C.F. O club azulado desapareceu en 2015 afogado polos problemas económicos. Uns meses despois fundouse o CD Narón.Nace el CD Narón, con base, primer equipo y 220 fichas lavozdegalicia.es

Estadio O Narón Balompé Piñeiros xogou no Estadio Municipal de Río Seco, situado a escasos metros do límite municipal coa cidade de Ferrol e a carón do polígono industrial das Lagoas, na localidade de Narón. Ten unha capacidade de 522 localidades de asento e foi inaugurado en 1999. O Narón Balompé Piñeiros xogou tamén no campo do Cadaval, no barrio de Piñeiros, entre 1996 e 1999 e nos seus últimos anos de existencia.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ª B: 0 Tempadas en 3ª: 9

Historial na liga TempadaCategoríaPosto1996/972ª Autonómica1997/981ª Autonómica12º1998/991ª Autonómica14º1999/001ª Autonómica12º2000/011ª Autonómica5º2001/021ª Autonómica2002/03Preferente2003/043ª17º2004/053ª9º2005/063ª8ºTempadaCategoríaPosto2006/073ª10º2007/083ª3º2008/093ª5º2009/103ª5º2010/113ª2011/12Preferente2º2012/133ª2013/14Preferente2014/151ª Autonómica15º

Xogadores Cadro actual Datos do 11 de novembro de 2010.

Palmarés Preferente Autonómica de Galicia (1): 2002-03

Notas

Narón Categoría:Deporte en Narón Categoría:Narón Balompé Categoría:Equipos de fútbol de Galicia desaparecidos