dereita|miniatura|275px|Principais glándulas endócrinas. (Masculinas na esquerda, femininas na dereita.) 1. Glándula pineal 2. Hipófise 3. Tiroide 4. Timo 5. Glándula suprarrenal 6. Páncreas 7. Ovario 8. Testículo O sistema endócrino ou hormonal é un conxunto de órganos e tecidos do organismo que liberan substancias denominadas hormonas e está constituído, ademais destas, por células especializadas e glándulas endócrinas. O sistema endócrino axuda a realizar, por tanto, a función de relación dos seres vivos. Actúa como unha rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas e é o encargado de diversas funcións metabólicas do organismo; entre elas destacan:

Controlar a intensidade de funcións químicas nas células. Rexer o transporte de substancias a través das membranas das células. Regular o equilibrio (homeostase) do organismo.

Características

Toman como vía de distribución o sangue. Mantén os seus efectos durante bastante tempo. O tempo que tardan en actuar é longo.

Hormona e feromona

Hormonas

Son substancias que fan efecto sobre o animal que as produce.

Feromonas

Son substancias que fan efecto sobre outros animais da mesma especie do individuo que o produce.

Órganos endócrinos e hormonas producidas Hipotálamo

Hormona segregada Abreviatura Producida por Efectos Hormona liberadora da tirotropina (hormona liberadora de prolactina) TRH ou TSHRH Neuronas neurosecretoras parvocelulares Estimula a liberación de hormona estimulante de tiroides (TSH) da adenohipófise (principalmente) Estimula a liberación de prolactina da adenohipófise Dopamina (hormona inhibidora de prolactina) DA Neuronas produtoras de dopamina do núcleo arcuato Inhibe a liberación de prolactina da adenohipófise Hormona liberadora de somatotropina (somatocrinina) GHRH Células neuroendocrinas do núcleo arcuato Estimula a liberación de hormona do crecemento (GH) da adenohipófise Somatostatina (hormona inhibidora da hormona de crecemento) GHIH Células neuroendocrinas do núcleo periventricular Inhibe a liberación da hormona de crecemento (GH)] da adenohipófise Inhibe a liberación da hormona estimulante de tiroides (TSH) da adenohipófise Hormona liberadora da gonadotropina GnRH ou LHRH Células neuroendocrinas do área preóptica Estimula a liberación de hormona foliculoestimulante (FSH) da adenohipófise Estimula a liberación da hormona luteinizante (LH) da adenohipófise Hormona liberadora da corticotropina CRH ou CRF Neuronas neurosecretoras parvocelulares Estimula a liberación de hormona adrenocorticotropa (ACTH) da adenohipófise Oxitocina Células neurosecretoras magnocelulares Contracción uterina Lactación materna Vasopresina (hormona antidiurética) ADH ou AVP Neuronas neurosecretoras parvocelulares Incrementa a permeabilidade á auga no túbulo contorneado distal e o conduto colector da nefrona, promovendo a reabsorción de auga e o volume sanguíneo

Glándula pineal Hormona segregada Células que a orixinan Efectos Melatonina (Principalmente) Pinealocitos Antioxidante Encargada do ritmo circadiano incluíndo a somnolencia Dimetiltriptamina Especúlase un papel nos soños e experiencias místicas

Glándula hipófise (pituitaria) Adenohipófise (hipófise anterior) Hormona segregada Abreviatura Células secretoras Efectos Hormona do crecemento (somatotropina) GH Somatotropas Estimula o crecemento e a reprodución celular Estimula a liberación do factor de crecemento insulínico tipo 1 segregado polo fígado Hormona estimulante da tiroide (tirotropina) TSH Tirotropas Estimula a síntese de tiroxina (T4) e triiodotironina (T3) e liberación dende a glándula tiroide Estimula a absorción de iodo por parte da glándula tiroide Hormona adrenocorticotropica (corticotropina) ACTH Corticotropas Estimula a síntese e liberación de corticosteroides (glicocorticoides e mineralocorticoides) e andróxenos por parte da codia adrenal Hormona foliculoestimulante FSH Gonadotropas En femias: estimula a maduración dos folículos ováricos En machos: estimula a maduración dos túbulos seminiferosEn machos: estimula a espermatoxénese En machos: estimula a produción de proteínas ligadoras de andróxenos nas células de Sertoli nos testículos Hormona luteinizante LH Gonadotropas En femias: estimulan a ovulación En femias: estimula a formación do corpo lúteo En machos: estimula a síntese de testosterona por parte das células de Leydig Prolactina PRL Lactotropas e mamotropas Estimula a síntese de liberación de leite dende a glándula mamaria Media o orgasmo

Neurohipófise (hipófise posterior) Hormona segregada Abreviatura Células que a orixinan Efectos Oxitocina Células neurosecretoras magnocelulares Contracción uterina Lactación materna Vasopresina (hormona antidiurética) ADH o AVP Neuronas neurosecretoras parvocelulares Incrementa a permeabilidade á auga no túbulo contorneado distal e o conduto colector da nefrona, promovendo a reabsorción de auga e o volume sanguíneo

A oxitocina e vasopresina non son segregadas na neurohipófise, só son almacenadas.

Hipófise media (pars intermedia) Hormona segregada Abreviatura Células que a orixinan Efectos Hormona estimulante de melanocitos MSH Melanotropas Estimula a síntese e liberación de melanina aos melanocitos da pel e o pelo

Glándula tiroide Hormona segregada Abreviatura Células que a orixinan EfectosTriiodotironina T3 Células epiteliais da tiroide (Forma máis potente de hormona tiroide) Estimula o consumo de osíxeno e enerxía, mediante o incremento do metabolismo basal Estimula o ARN polimerase I e II, deste modo promovendo a síntese proteica Tiroxina (tetrayodotironina) T4 Células epiteliais da tiroide (Forma menos activa de hormona tiroide) (Actúa como unha prohormona para orixinar triiodotironina) Estimula o consumo de osíxeno e enerxía, mediante o incremento do metabolismo basal Estimula a ARN polimerase I e II, deste modo promovendo a síntese proteica Calcitonina Células parafoliculares Estimula os osteoblastos e a construción ósea Inhibe a liberación de Ca2+ do óso, reducindo desa forma o Ca2+ sanguíneo

Sistema dixestivo Estómago Hormona segregada Abreviatura Células secretoras Efectos Gastrina (principalmente) Células G Secreción de ácido gástrico polas células parietais Ghrelina Células P/D1 Estimula o apetito, a secreción de somatotropina da adenohipófise Neuropéptido Y NPY incrementa a inxesta de alimentos e diminúe a actividade física Somatostatina Células delta Suprime a liberación de gastrina, colecistoquinina (CCK), secretina, motilina, péptido intestinal vasoactivo (VIP), polipéptido intestinal gástrico (GIP), enteroglicagón. A baixa taxa de baleiramento gástrico reduce as contraccións do músculo liso e fluxo sanguíneo dentro do intestinoColorado State University - Biomedical Hypertextbooks - Somatostatin Histamina Células ECL Estimula a secreción de ácido gástrico Endotelina Células X Contracción do músculo liso estomacal

Duodeno Hormona segregada Células secretoras Efectos SecretinaCélulas S Secreción de bicarbonato dende o fígado, páncreas e as glándulas de Brunner duodenais. Incrementa o efecto da colecistoquinina.

Suspende a produción de zume gástrico. ColecistoquininaCélulas I Liberación de enzimas dixestivas dende o páncreas Liberación de bile dende a vesícula biliar

Supresión da fame

Fígado Hormona segregada Abreviatura Células secretoras Efectos Factor de crecemento insulínico (ou somatomedinas) (Principalmente) IGF Hepatocitos Efectos reguladores semellantes á insulina que modulan o crecemento celular e crecemento corporal Anxiotensinóxeno e anxiotensina Hepatocitos vasoconstrición Liberación de aldosterona dende a codia suprarrenal dipsóxeno Trombopoetina Hepatocitos Estimula a produción de plaquetas por parte dos megacariocitos

Notas

Véxase tamén

Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Ciencia) Categoría:Sistema endócrino