A sección de hóckey a patíns do Futebol Clube do Porto é unha das seccións do club polideportivo profesional con base en Porto, Portugal, fundada en 1955. É ademais unha das seccións máis exitosas do FC Porto, tanto a nivel nacional como internacional.
O equipo disputa os seus partidos como local no pavillón Dragão Caixa, que ten unha capacidade para 2200 espectadores.
Palmarés Sénior 2 Copas de Europa (1985-86 e 1989-90) 2 Copas CERS (1993-94 e 1995-96) 2 Recopas de Europa (1981-82 e 1982-83) 1 Supercopa de Europa de hóckey sobre patíns (1985-86) 19 Ligas de Portugal (1982-83, 1983-84, 1984-85, 1985-86, 1986-87, 1988-89, 1989-90, 1990-91, 1998-99, 1999-00, 2001-02, 2002-03, 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08 e 2008-09, 2009-10) 13 Copas de Portugal (1982-83, 1984-85, 1985-86, 1986-87, 1987-88, 1988-89, 1995-96, 1997-98, 1998-99, 2004-05, 2005-06, 2007-08 e 2008-09) 17 Supercopa de Portugal (1982-83, 1983-84, 1984-85, 1985-86, 1986-87, 1987-88, 1988-89, 1989-90, 1990-91, 1994-95, 1996-97, 1998-99, 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08 e 2008-09)
Véxase tamén
Categoría:Equipos de hóckey a patíns de Portugal Categoría:Equipos campións da Copa de Europa de hóckey a patíns Categoría:Equipos campións da Copa CERS