miniatura|dereita|Escudo. O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é unha unidade da Garda Civil en España, encargada da conservación da natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outro mester relacionado coa natureza, segundo o artigo 12 da Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade.BOE do 14 de marzo de 1986 .

Creado no ano 1988 e reorganizado no ano 2000, o SEPRONA ten a misión de evitar agresións ó medio ambiente, e a de protexer os bens mobles e inmobles catalogados como Bens do Patrimonio Histórico en todo o territorio español e no seu mar territorial, incluída a preservación de especies protexidas e ameazadas. A súa base de traballo é moi extensa, debendo os seus compoñentes traballar con máis de 2000 leis e decretos, sendo a especialidade da Garda Civil que maior lexislación manexa.

Trátase da única policía xudicial verde de Europa, e o seu labor é recoñecido por moitas ONG.

Referencias históricas miniatura|dereita|250px|Motorista do SEPRONA. Dende a creación do corpo, establecéronse as regras necesarias para a organización militar e os seus servizos como institución civil. Esas regras foron reunidas nun pequeno caderno, aprobado por Real Orde o 20 de decembro de 1845, cuxo título, "Cartilla do Garda Civil", foi redactado pola Inspección Xeral do Corpo, sendo a primeira referencia histórica nacional e internacional que se ten dunha policía en canto á protección e conservación do medio ambiente.

Cometidos Colaborar coas autoridades e organismos correspondentes para planear e executar unha política eficaz nesta materia. Fomentar condutas de respecto á natureza. Comprobar o estado de conservación dos recursos hidráulicos (continentais e marítimos), xeolóxicos e forestais para impedir calquera tipo de contaminación, agresión ou aproveitamento abusivo. Colaborar na prevención de incendios forestais. Protexer o medio ambiente atmosférico, vixiando o seu grao de contaminación e nivel de radioactividade. Realizar accións tendentes a favorecer o normal desenvolvemento de flora e fauna (continentais e marítimas), especialmente das especies protexidas. Contribuír ó correcto aproveitamento dos recursos forestais, cinexéticos e piscícolas. Facilitar o adecuado gozo do espazo natural, impedindo actividades que poidan degradalo. Crear as bases de datos relativas ó Servizo.

Organización miniatura|dereita|250px|Nissan Terrano II largo do SEPRONA A Xefatura do Servizo de Protección á Natureza está composto de: Mando: un xeneral da Garda Civil. Secretaría: Plana Maior.

As unidades operativas do Servizo de Protección da Natureza divídense en: Patrullas: chamadas inicialmente patrullas motorizadas todo terreo, son as unidades básicas de vixilancia e protección dun territorio. Equipos: Son unidades encargadas da detección, cuantificación e investigación das agresións graves ó medio. Destacamentos: Son unidades creadas expresamente para a vixilancia e protección de espazos legalmente protexidos.

Estatística

Estatística extraída do Ministerio do Interior correspondente ó ano 2007:

INTERVENCIÓNS CLASE 4.029 Delitos 350 Faltas penais 138.706 Infraccións administrativas 23.626 Informes 474 Detidos 1.164 Imputados

Notas

Véxase tamén

Agrupación de Tráfico da Garda Civil. Servizo de Montaña da Garda Civil. Servizo Marítimo da Garda Civil. Unidade Especial de Intervención da Garda Civil. Ligazóns externas Páxina web do Seprona

Categoría:Garda Civil