Francis William Aston, nado en Harborne (Birmingham) o 1 de setembro de 1877 e finado en Cambridge o 20 de novembro de 1945, foi un químico inglés. En 1922 gañou o Premio Nobel de Química por determinar o peso atómico de todos os elementos da táboa periódica.

Traxectoria En 1903 obtivo unha bolsa de estudos na Universidade de Birmingham, e nas súas investigacións das descargas eléctricas en tubos de baixa presión descubriu o fenómeno agora coñecido como Espazo escuro de Aston, que permite a separación dos isótopos e a determinación das súas masas. En 1909 trasladouse ao Laboratorio Cavendish en Cambridge por invitación de Joseph John Thomson e traballou na identificiación dos isótopos do neon. Trala primeira guerra mundial volveu aos seus estudos, e en 1919 inventou un espectrógrafo de masas que lle permitiu identificar rapidamentere 212 dos 287 isótopos naturais.

Foi presidente do Comité Atómico Internacional (1935-1945).

Autor de Isotopes (1922) e Mass-Spectra and Isotopes (1933).

Véxase tamén Outros artigos Premio Nobel de Química

Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1922 Biografía na páxina do Instituto Nobel Perfil de Francis William Aston NNDB

Categoría:Químicos do Reino Unido Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Descubridores de elementos químicos Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Nados nas Midlands Occidentais Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Membros da Royal Society