Hortaleza é un distrito da cidade de Madrid situado no nordés da cidade.

Limita polo norte co concello de Alcobendas, polo leste co distrito de Barajas, polo sur co distrito de San Blas-Canillejas, polo oeste cos distritos de Ciudad Lineal e Fuencarral-El Pardo. Ten unha superficie de 27,42 km² e contaba con 198.391 habitantes no ano 2023. Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1949.

Datos históricos

Ocupa o extremo norte do concello. Comprende terreos dos antigos concellos de Canillas e Hortaleza.

A súa gran superficie está ocupada, en menos dunha terceira parte, por usos urbanos se que organizan en torno ao crecemento, apoiado nos antigos pobos rurais e nos seus primitivos camiños de acceso.

Antes da Guerra Civil, o único desenvolvemento na zona, propiamente urbano, foi o da Ciudad Lineal, que deu lugar ao Barrio de Portugalete.

Despois do Plan de Estabilización de 1959, nos anos setenta, desenvolvéronse na zona algunhas realizacións debidas á iniciativa oficial: poboados dirixidos, de absorción e unidades veciñais de absorción (U.V.A.) que tiveron un papel importante na colonización da periferia, inducindo a acción da iniciativa privada, que inicia un importante número de promocións de moi diversos niveis económicos, crecentes co tempo.

Finalmente, contorna a 1970 este proceso permite a construción de urbanizacións de maior nivel (El Bosque, La Piovera, Conde Orgaz, etc.) que dan como resultado unha área desordenada con barrios de moi diferentes características e densidades, faltos de coordinación entre si.

Barrios Este distrito está dividido en seis barrios:

Apóstol Santiago Canillas Palomas Pinar del Rey Piovera Valdefuentes

Véxase tamén Referencias

Bibliografía

Ligazóns externas

Información do distrito Actividades e eventos Direccións e teléfonos Publicacións e convocatorias Participación cidadá Información sobre os Plenos do distrito Retransmisión do Pleno en directo Galería de retransmisións do Pleno Programación cultural de Hortaleza

Categoría:Distritos de Madrid