Afonso I de Braganza, nado talvez en Veiras (Alentejo) en 1377 e finado en 1461, foi o 8.º conde de Barcelos, 2.º conde de Neiva e o 1.º Duque de Braganza. Foi fillo natural do rei Xoán I e de Inés Pires.

Traxectoria O primitivo estado e patrimonio dos Braganza formouse con bens e terras que dotou á filla o condestábel Nuno Álvares Pereira (1360-1431) 7.° Conde de Barcelos. Foi o fundador da casa de Braganza. O señorío e o Ducado de Braganza solicitounos ao rexente Pedro, con motivo de breve reconciliación entre ambos, que llo concedeu no ano 1442. Os descendentes foron Duques de Guimarães o 23 de novembro de 1470 e de Barcelos o 5 de agosto de 1562.

Durante o reinado de Duarte tivo excelentes relacións co seu medio irmán, pero non o conseguiu demover da tráxica expedición a Tánxer. Despois da morte de Duarte e durante a rexencia da súa viúva dona Leonor e don Pedro, irmán do falecido rei, non foron boas as relacións entre Afonso e Pedro. En 1442 este obtivo do rexente o señorío e Ducado de Braganza. Era o terceiro Ducado de Portugal (os dous primeiros foron creados por Xoán I para os seus dous fillos: o de Coímbra a Pedro e o de Viseu para Henrique)

Casamento e descendencia Casou en Leiria en 8 de novembro de 1401 con Brites ou Beatriz Pereira de Alvim (1380-1412) condesa de Barcelos e condesa de Arraiolos, filla única do condestábel Nuno Álvares Pereira e Leonor Alvim, morta en 1 de novembro de 1401, a herdeira da casa máis opulenta do reino. Dese casamento, tivo tres fillos:

Afonso, conde de Ourém e marquês de Valença (mercé de Afonso V) que faleceu aínda en vida de seu pai en 1460; Fernando que sucedeuo no ducado de Braganza; Isabel que casou co seu tío o infante Xoán, Infante de Portugal, fillo de Xoán I.

En 1420, casou con Constanza de Noreña, filla de Afonso de Gijón e Noreña, fillo de Henrique II de Castela, pero non tivo fillos.

O seu neto en sexta xeración, Xoán II de Braganza, seria despois o rei Xoán IV de Portugal.

Categoría:Dinastía de Bragança Categoría:Dinastía de Avis Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1461 Categoría:Nados en Portugal