Walker Evans, nado o 3 de novembro de 1903 en San Luis, Missouri e finado o 10 de abril de 1975 en New Haven, Connecticut, foi un fotógrafo estadounidense.

Traxectoria Estudou en Williams College entre 1922 e 1923 e na Sorbona en 1926.

Iniciouse na fotografía en 1930. Obtivo unha bolsa da Fundación John Simon Guggenheim en 1940. Incorporouse en 1945 á revista Time e á revista Fortune en 1965. Ese mesmo ano pasou a ser profesor de fotografía na escola de arte da Universidade Yale.

Obra O seu traballo está relacionado coa crise económica do 29 , durante esta década participa no programa Farm Security Administration. As imaxes dos parceiros en Alabama, ao igual que as de Dorothea Lange son iconas da idade moderna.

Legado A súa obra foi adquirida polo Museo Metropolitano de Arte en 1994,metmuseum.org e todos os dereitos corresponden polo tanto a este, agás as fotos que fixo para o Farm Security Administration e que conserva a Biblioteca do Congreso.masters-of-photography.com

Galería de obras

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Periodismo fotográfico Retrato fotográfico

Ligazóns externas Walker Evans Project elangelcaido.org http://www.masters-of-fine-art-photography.com/02/artphotogallery/photographer/walker_evans_01.html http://www.masters-of-photography.com/E/evans/evans.html

Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en St. Louis, Missouri Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1975