SITEL é un sistema de escoitas telefónicas do Ministerio do Interior de España utilizado pola Policía Nacional, a Garda Civil e o Centro Nacional de Intelixencia. Tamén é coñecido como Sistema Integrado de Interceptación de Telecomunicacións, Sistema Integrado de Interceptación Legal de Telecomunicaciónes e Sistema Integral de Interceptación das Comunicacións Electrónicas.
O sistema fíxose público por primeira vez en 2001, cando o Ministerio do Interior anunciou unha dotación de 300.000.000 pesetas (1.803.030 euros) para SITEL.
En 2007, o Goberno concedeulle un contrato a Fujitsu España Services por 854.400€ para xestionar o centro de SITEL do Corpo Nacional de Policía, localizado no Complexo Policial de Canillas.
Notas
Categoría:Policía en España Categoría:Telefonía