1914 (MCMXIV) foi un ano común comezado en xoves segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos miniatura|Mobilización en Alemaña. 2 de xaneiro, Afonso XIII, disolve o Congreso. 7 de xaneiro, a canle de Panamá é cruzada por primeira vez en barco, aínda que a inauguración oficial atrasouse ata o 15 de agosto. 23 de febreiro: Estréase en Monte Carlo a ópera Cleopatra, de Jules Massenet. 28 de xuño, asasinato de Francisco Fernando, sucesor á coroa do Imperio Austrohúngaro, en Saraxevo. 28 de xullo, comezo da primeira guerra mundial. miniatura|"Guerra europea". Portada do Faro de Vigo do 7 de agosto de 1914. 15 de agosto - Apertura oficial da Canle de Panamá, coa primeira travesía dun barco de liña comercial, o vapor estadounidense de pasaxeiros e carga Ancón, iníciase o tráfico a través do Canle de Panamá. Acontecementos de maior duración Primeira guerra mundial (1914-1918) Holocausto helénico (1914-1922)
Nacementos 4 de xaneiro - Jane Wyman, actriz estadounidense. 31 de xaneiro - Candido Amantini, sacerdote católico e exorcista italiano. 5 de febreiro - William Burroughs, novelista estadounidense. 17 de febreiro - Julia de Burgos, poeta de Porto Rico (m. 1953). 19 de febreiro - Xosé María Díaz Castro, poeta galego. 6 de marzo - Marguerite Bervoets, resistente belga durante a Segunda guerra mundial. 31 de marzo - Octavio Paz, escritor mexicano, premio Nobel de Literatura en 1990. (m. 1998) 4 de abril - Marguerite Duras, escritora francesa. 4 de maio - Toshihiko Izutsu, filósofo xaponés (m. 1993). 13 de maio - Antonia Ferrín Moreiras, matemática e astrónoma galega (m. 2009). 14 de maio - Avelino Pousa Antelo, mestre, político e escritor galego (m. 2012). 30 de xullo - Béatrix Beck, escritora francesa de orixe belga (m. 2008). 25 de agosto - Yang Mo, escritora chinesa (m. 1995). 5 de setembro - Nicanor Parra, poeta chileno. 12 de setembro - Fernando Mon Rodríguez, xornalista e escritor galego. 23 de setembro - Celestino Fernández de la Vega, escritor galego (m. 1986). 3 de outubro - Ramón de Valenzuela, escritor e político galego. 27 de outubro - Dylan Thomas, poeta galés. 8 de decembro - Časlaŭ Sipovič, bispo grecocatólico belaruso (m. 1981).
Mortes 3 de febreiro - Celso García de la Riega, publicista e historiador galego (n. 1844). 9 de febreiro - Avelino Barbeito Hermosilla, tipógrafo e poeta galego (n. 1850). 25 de marzo - Frédéric Mistral, poeta francés, premio Nobel de Literatura en 1904. 2 de abril - Paul von Heyse, escritor alemán, premio Nobel de Literatura en 1910. 12 de maio - Eugenio Montero Ríos, xurista e político galego. 10 de xuño - Ödön Lechner, arquitecto modernista (n. 1845). 21 de xuño - Bertha von Suttner, pacifista e escritora austríaca, premio Nobel da Paz en 1905. 28 de xuño - Francisco Fernando, arquiduque do Imperio Austrohúngaro. 6 de xullo - Delmira Agustini, poeta uruguaia. 17 de xullo - Víctor Said Armesto, escritor e catedrático galego. 20 de agosto - Papa Pío X (1903-1914). 20 de agosto - Amélie Helga Lundhal, pintora finesa (n. 1850). 5 de setembro - Charles Péguy, escritor francés. 22 de setembro - Alain-Fournier, escritor francés. 3 de novembro - Georg Trakl, poeta austríaco.
Premios Nobel Física: Max von Laue Química: Theodore William Richards Fisioloxía ou Medicina: Robert Bárány Literatura: Non Concedido Paz: Non Concedido
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1914