Eduardo Serra, nado en Lisboa o 2 de outubro de 1943 e finado en París o 19 de agosto de 2025, foi un director de fotografía portugués.

Traxectoria Instalouse en París en 1963. Alí licenciouse primeiro en cinema pola École Louis-Lumière (1966) e despois en Letras – Historia da Arte e Arqueoloxía – pola Universidade de París-Sorbona (1970).

Iniciou a súa carreira no cinema como asistente de imaxe, chegando á fotografía en 1980.

Ao longo da súa carreira gañou varios premios, sendo candidato en 1997 e 2004 para o Óscar por The Wings of the Dove e Girl with a Pearl Earring.

Véxase tamén Ligazóns externas Eduardo Serra en aipcinema.com

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Personalidades do cinema

Categoría:Finados en 2025