Día de adestramento (en ) é un filme de 2001 dirixido por Antoine Fuqua. Os actores principais son Denzel Washington e Ethan Hawke. Toda o filme ten lugar na cidade dos Ánxeles durante un período de 24 horas que cambiará a vida de ambos policías. A historia foi escrita por David Ayer. Fuqua quería que a película parecera o máis auténtica posible, así que elixiu varias localizacións nalgúns dos barrios máis problemáticos dos Ánxeles, como pode ser Imperial Courts. Ademais contou co asesoramento técnico de dous policías, Michael Patterson e Paul Lozada.
Denzel Washington gañou o Oscar ao mellor actor no 2002 por este filme. Ethan Hawke foi candidato ao premio na categoría de mellor actor secundario.
Estreouse en galego na TVG o 18 de maio de 2011.
Sinopse Alonzo Harris, un policía dos Ánxeles moi condecorado pero corrupto, ten como novo compañeiro a Jake Hoyt, un novo axente que desexa chegar a inspector a través da unidade de axentes de estupefacientes. Ás ordes de Alonzo vivirá un auténtico adestramento de vinte e catro horas polas rúas dos Ánxeles.
Personaxes Denzel Washington como Detective Alonzo Harris Ethan Hawke como Oficial Jake Hoyt Scott Glenn como Roger Tom Berenger como Stan Gursky Harris Yulin como Detective Doug Rosselli Raymond J. Barry como Capitán Lou Jacobs Cliff Curtis como Smiley Dr. Dre como Detective Paul Snoop Dogg como Blue Macy Gray como Muller de Sandman Charlotte Ayanna como Lisa Hoyt Eva Mendes como Sara Nick Chinlund como Detective Tim Jaime P. Gomez como Detective Mark Raymond Cruz como Sniper Noel Gugliemi como Moreno Samantha Becker como Letty Kyjel N. Jolly como Fillo de Alonzo Robert Leon como Veterano Seidy Lopez como Dreamer Rudy Perez como PeeWee Cle "Shaheed" Sloan como Bone Abel Soto como Neto Denzel Whitaker como Dimitri Peter Greene como Jeff Terry Crews como Membro gangster
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllRovi Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Antoine Fuqua Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes sobre psicópatas Categoría:Filmes de 2001 con versión en galego