Xertrude é o maior cráter do que se ten constancia na lúa Titania do planeta Urano. Ten ó redor de 326 km de ancho, 1/5 do diámetro de Titania. Recibiría posteriormente o nome da nai de Hamlet na obra de William Shakespeare, Hamlet. Os accidentes xeolóxicos en Titania reciben nomes femininos de personaxes das obras de Shakespeare.

A beira do cráter Xertrude está elevado 2 km por riba do chan do interior do cráter. No centro do cráter existe un gran domo, o cal é resultado da elevación da superficie inmediatamente despois do impacto. Este domo ten un diámetro do redor de 150 km e 2–3 km de altura. A beira e o domo son baixos para un cráter das dimensións de Xertrude, o cal indica que o relevo suavizouse dende que tivo lugar o impacto inicial. A superficie do domo ten só uns poucos cráteres superpostos, o que significa que foi modificado con posterioridade (aínda que de xeito pouco acusado).

Notas

Referencias

Véxase tamén Outros artigos Lista dos accidentes xeolóxicos da lúas de Urano Ligazóns externas Gertrude peeks over the terminator at the Planetary Society

Categoría:Cráteres Categoría:Titania