miniatura|Arcos de ferradura mozárabes en Penalba de Santiago, Ponferrada. Recibiron o nome de mozárabes (do árabe مستعرب musta'rib, "arabizado"‎) os cristáns nativos que viviron en Al-Andalus entre os séculos VIII e XV, baixo o goberno de monarcas ou gobernadores de relixión musulmá.

Aínda que non se chegaron a converter ao islam, adoptaron elementos da lingua e cultura árabes. Eran principalmente católicos de rito visigótico ou de rito mozárabe.

Véxase tamén Outros artigos

Arte mozárabe

Lingua mozárabe Mouros Mudéxar Vía mozárabe

Categoría:Al-Andalus Categoría:Historia do cristianismo