Wunda é un gran cráter de impacto na superficie da lúa de Urano, Umbriel. Ten 131 km de diámetro e está localizado preto do ecuador de Umbriel. A lonxitude e latitude do seu centro son 273,6° e −7,9°, respectivamente. Wunda ten un chan brillante, o cal lle da unha forma de anel brillante duns 10 km de ancho. A razón deste gran brillo e descoñecida, e fai destacar este accidente xeolóxico no albedo escuro de Umbriel.

O cráter recibiría o nome de Wunda, un espírito escuro da mitoloxía aborixe australiana.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista dos accidentes xeolóxicos da lúas de Urano

Categoría:Cráteres Categoría:Umbriel