Manuel Marquínez Vallejo, nado en Sestao (Biscaia) o 31 de outubro de 1916, foi un futbolista español. Xogaba de extremo dereito e destacou principalmente no Deportivo da Coruña, no que xogou durante unha década.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Lagun Artea de Sestao, pasando logo ao Iturrigorri. Na tempada 1936/37 xogou no Erandio, pero durante a guerra civil foi mobilizado, tendo que deixar o fútbol durante seis anos. En 1942 foi destinado a Ferrol, onde xogaba ao fútbol co equipo de Artillaría de Costa número 42, gañando en 1943 o Campionato Rexional Militar. Alí fixouse nel o Deportivo da Coruña, que acabou por fichalo.

Debutou na Primeira División na xornada 1 da tempada 1943/44 contra o Real Madrid no Campo de Riazor, nun partido que acabou en empate a dous goles. Xogou durante unha década no Deportivo, vivindo dous descensos e dous ascensos, e proclamándose subcampión de liga na tempada 1949/50, con Scopelli no banco. Disptuou un total de 154 partidos oficiais co club coruñés, marcando 51 goles. Na tempada 1950/51 saíu cedido ao Racing de Ferrol, en Segunda División, co que marcou 11 goles en 18 partidos.

Retirouse no Deportivo en 1953, e continuou vivindo na Coruña, onde rexentou un bar durante anos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Sestao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Lagun Artea Categoría:Xogadores do Iturrigorri Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol