Chacal (en ) é un filme franco-británico de 1973 dirixido por Fred Zinnemann, que ten como protagonista a Edward Fox como o asasino a soldo coñecido como o "Chacal", que intenta asasinar o presidente de Francia Charles de Gaulle. Baséase na novela do mesmo nome de Frederick Forsyth.

A novela está baseada no intento de asasinar a Charles de Gaulle, que aconteceu en 1963, por obra de Jean Bastien-Thiry. O coche onde estaba De Gaulle chegou a ser metrallado. Thiry era un funcionario público francés insatisfeito por perder o seu cargo na Alxeria, en virtude da independencia do país aceptada por De Gaulle.

Hai un remake datado de 1997, co título The Jackal, con Bruce Willis no papel do asasino, e Sidney Poitier como o axente policial. Porén, a calidade desta película é inferior á orixinal de Fred Zinnemann.

Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Fred Zinnemann Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes ambientados en 1962 Categoría:Filmes ambientados en 1963 Categoría:Filmes de 1973 con versión en galego