A dos félidos (Felidae) é unha familia de mamíferos da orde dos carnívoros,félidos no dicionario da RAG. e suborde dos feliformes.
Características Carnívoros altamente especializados, os félidos caracterízanse polo seu corpo esvelto, coa cabeza curta e fociño moi curto, os ollos son grandes, e as orellas de tamaño mediano, ás veces rematadas nunha guedella de pelos; as patas son de medianas a longas. A cola é de curta a moi longa, segundo as especies, xeralmente cuberta de pelo curto, e ás veces cunha guedella terminal. A súa dentición está formada por un número reducido de dentes (de 28 a 30), estreitos, con bodos afiados, os cairos están sempre ben desenvolvidos, e os molares adaptados para esgazaren a carne. Co seu oído agudo e a súa excelente vista, son os mamíferos cazadores máis sixilosos, grazas á configuración dos seus pés que lles permiten, á excepción do guepardo e algunha especie máis, retraeren as súas unllas dentro dunhas vaíñas das gadoupas mentres non as usan. O pene presenta un óso, reducido ou non. Presentan glándulas perianais, e as femias teñen de 4 a 8 tetos.
A súa pelaxe é variada, dependendo da especie, e ofrece unha eficaz protección térmica. É suave, curta ou mediana, ás veces mais longa nas meixelas ou cunha melena no pescozo, nos ombros e no ventre.
Os verdadeiros gatos (subfamilia dos felinos) son de tamaño pequeno ou mediano, moi similares entre si polos seus trazos xerais, e caracterízanse anatomicamente polo seu aparato hioideo oseo que lles permite emitir tan só débiles gritos. Os membros da outra subfamilia, a dos panterinos, ademais de seren de maior tamaño, poden ruxir, porque o seu aparato bucal está suspendido dun hioide cartilaxinoso que se pode mover libremente.Weissengruber, G. E.; Forstenpointner, G.; Peters, G.; Kübber-Heiss, A. & Fitch, W. T. (2002): "Hyoid apparatus and pharynx in the lion (Panthera leo), jaguar (Panthera onca), tiger (Panthera tigris), cheetah (Acinonyx jubatus) and the domestic cat (Felis silvestris f. catus)". Journal of Anatomy. 201 (3): 195–209.
Hábitat e distribución Os fédidos encóntranse en todos os tipos de hábitats, pero moitas especies están adaptadas a ambientes particulares. Distribúense pola maior parte do mundo, agás en Madagascar, Australasia e a Antártida, e están particularmente ben representados en África, onde se poden distinguir tres grupos de subfamilias ben caracterizados.
Algúns adáptanse a contornos desérticos, outros a zonas húmidas, e algúns a terreos montañosos de grande altitude. As especies que viven en bosques son xeralmente áxiles gabeadoras.Sunquist, M. & Sunquist, F. (2002): Wild Cats of the World. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-2267-7999-7.
Moitas des especies escasean na actualidade, porque foron obxecto de caza pola súa pel, para aproveitar partes do seu corpo, ou porque o seu hábitat foi, e esta a ser, destruído. O paradigma é o lince ibérico (Lynx pardinus), o félido en maior perigo de extinción.
Integran a familia catro subfamilias, con dezanove xéneros e ao redor de corenta especies, entre elas o león, o tigre, os gatos domésticos e monteses, os linces, o puma, o xaguaretc.
Costumes e alimentación Os félidos, agás o león son animais xeralmente solitarios e de hábitos nocturnos. Pero o patrón de actividade das especies pode variar de nocturno a crepuscular e diúrno, dependendo das súas especies de presas preferidas.
Todas as especies son carnívoros obrigados e, xa que logo, requiren carne. A maioría consome exclusivamente carne de pequenas, medianas ou grandes presas, e algúns comen peixes, e ignoran calquera outra comida que non sexa unha presa viva. Capturan ás súas vítimas coas súas afiadas garras, e adoitan matalas dunha única trabada.
Porén, os gatos domésticos asilvestrados forman colonias. E sábese que os machos dos guepardos viven e cazan en grupos.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1867 polo naturalista, paleontólogo e anatomista saxón, nacionalizado ruso, Gotthelf Fischer von Waldheim (1771-1853), na páxina 372 dun traballo publicado no número 5 das Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow.Felidae en MSW.
Etimoloxía O nome Felidae está formado pola raíz Fel- do seu xénero tipo, Felis, descito en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae, coa adición do sufixo -ǐdae, utilizador para formaren os nomes das familias de animais.
Sinónimos Ademais de polo nome que lles impuxo Fischer von Waldheim, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes: Euailuroida Kretzoi, 1929 Felinoidea Brunet, 1979 Feloidae Hay, 1930 Feloidea Simpson, 1931 Lyncina Gray, 1867
Clasificación
Na actualidade, a maioría dos autores recoñecen dentro de da familia as seguintes subfamilias, xéneros e especies:Feliadae en Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Familia Felidae Fischer de Waldheim, 1817.Felidae Fischer de Waldheim, 1817 no ITIS. Subfamilia Felinae Fischer de Waldheim, 1817.Felinae Fischer de Waldheim, 1817 no MSW. Xénero Acinonyx Acinonyx jubatus - guepardo Xénero Caracal Caracal caracal - caracal. Véxase máis abaixo "Unha taxonomía moi discutida: Caracal e Profelis". Xénero Catopuma Catopuma badia - gato vermello de Borneo Catopuma temminckii Xénero Felis Felis bieti - gato chinés do deserto ou gato montés chinés; a UICN considérao unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris bieti).Sanderson, J.; Mallon, D. P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. bieti na Lista vermella da UICN. Versión 2010.4 Felis catus - gato doméstico; a UICN considérao unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris catus)Sanderson, J.; Mallon, D.P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. catus na Lista vermella da UICN. Versión do 2010.4 Felis chaus - gato selvático, gato da xungla ou gato do pantano Felis margarita - gato do deserto Felis nigripes - gato de pés negros Felis silvestris - gato montés eurasiático Xénero Leopardus Leopardus braccatus - gato do Pantanal Leopardus colocolo - gato colocolo Leopardus geoffroyi - gato montés suramericano ou gato de Geoffroy Leopardus guigna - kodkod ou huíña Leopardus jacobitus - gato de montaña ou gato andino Leopardus pajeros - gato das pampas ou gato palleiro Leopardus pardalis - ocelote Leopardus tigrinus - leopardo tigre Leopardus wiedii - tigrillo, margai Xénero Leptailurus Leptailurus serval - serval Xénero Lynx Lynx canadensis - lince do Canadá Lynx lynx - lince boreal Lynx pardinus - lince ibérico Lynx rufus - lince vermello ou gato montés de Norteamérica Xénero Otocolobus Otocolobus manul Xénero Pardofelis Pardofelis marmorata - gato xaspeado Xénero Prionailurus Prionailurus bengalensis Prionailurus bengalensis iriomotensis Prionailurus planiceps - gato de cabeza plana Prionailurus rubiginosus - gato ferruxento Prionailurus viverrinus - gato pescador Xénero Profelis Severtzov, 1858 - Discutido nos últimos anos por numerosos autores. Véxase máis abaixo: "Unha taxonomía moi discutida". Profelis aurata - Reclasificado hoxe por numerosos autores como Caracal aurata. Véxase máis abaixo: "Unha taxonomía moi discutida". Xénero Puma Puma concolor - puma Puma yagouaroundi - xaguarundi ou gato lontra Subfamilia Pantherinae Pocock, 1917.Pantherinae Pocock, 1917 no ITIS.Pantherinae Pocock, 1917 en MSW. Xénero Neofelis Neofelis nebulosa Neofelis diardi Xénero Panthera Panthera leo - león Panthera onca - xaguar Panthera pardus - leopardo Panthera tigris - tigre Panthera uncia - leopardo das neves ou irbis (clasificado por Pocock en 1916 como Uncia uncia).Uncia Gray, 1854 en MSW.
Ademais, existen dúas subfamilias extintas: Subfamilia Machairodontinae Subfamilia Proailurinae
Unha taxonomía moi discutida: Caracal e Profelis Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.Caracal Gray, 1843 no ITIS. Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018. E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, o Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal. Consultado o 14 de outubro de 2018.
Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata. Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:Caracal aurataCaracal caracal - o caracal
Porén, aínda hoxe moitos autores recoñecen a Profelis como xénero independente.Profelis Severtzov, 1858 no ITIS.
Orixe e evolución miniatura|210px|Cronoloxía evolutiva. A familia dos Felidae xurdiu en Eurasia durante o Oligoceno, posiblemente a partir da familia dos Miacidae.
Estes primeiros félidos de pequeno tamaño foron expandíndose, alcanzando África e Norteamérica a principios do Mioceno.
No Mioceno medio diversificáronse, aparecendo os chamados dentes de sabre (Machairodontinae), os felinos e os panterinos, que se dispersaron por Eurasia, África e Norteamérica.
A finais do Plioceno chegaron tamén a Suramérica durante o denominado Grande Intercambio Americano.
Filoxenia As relacións filoxenéticas dos félidos existentes na acutalidade móstranse no seguiente cladograma, baseado nos estudos das análise de filoxenética molecular de Johnson et al. (2006), Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science. 311 (5757): 73–77. no que se expresan as liñaxes, os xéneros e as especies.
Nota sobre Puma e Herpailurus O xaguarundi, como especie, foi descrito en 1803 por Étienne Geoffroy Saint-Hilaire, co nome de Felis yagouarondi. En 1809 Lacépède modificou o nome específico por yaguaroundi e, en 1816, Desmarest, por yagouaroundi. En 1858 foi reclasificado por Severtzov dentro do novo xénero Herpailurus, como Herpailurus yagouarondi.Puma yagouaroundi É. Geoffory Saint-Hilaire, 1803 en MSW].
Nos últimos anos do século XX e primeiros do XXI as especies xaguarundi (yagouaroundi) e puma (concolor) foron consideradas pola maíoría dos autores como monofiléticas e situadas conxuntamente no xénero Puma.Puma Jardine, 1834 no ITIS]].
Pero na década de 2010 os expertos da UICN separáronas, colocando ao puma como único membro do xénero Puma, e ao xaguarundi como única especie do xénero Herpailurus.Caso, A., de Oliveira, T. & Carvajal, S. V. (2015): Jaguarundi.Herpailurus yagouaroundi na Lista vermella da UICN.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.