Miguel Ángel Fernández Enríquez,coñecido como Miguel Nández, nado en Cádiz o 7 de novembro de 1978, é un cantante andaluz que saltou á fama tras a súa participación na segunda edición de Operación Triunfo.
Traxectoria profesional Miguel Nández preparou os temas do que sería o seu primeiro disco durante os meses de abril, maio e xuño. O 30 de xuño de 2003 publícase Miguel Nández, o primeiro disco homónimo do cantante editado por BMG. Os singles promocionais do disco foron "Maldita mi suerte", "Tu nombre en cualquier bar" e "Yo que perdí". Finalmente o álbum alcanzou o disco de ouro. Un ano máis tarde, o 28 de xuño de 2004, lanza o seu segundo traballo discográfico, Esquivando al miedo. Con este traballo Miguel Nández continúa desenvolvendo a súa vea de cantautor, compondo todos os temas do disco. «Un desastre» foi o sinxelo que presentou este disco. Seguíronlle «Esquivando al miedo» e «Líbrame».
En 2006 firma coa discográfica Dro. Máis tarde, o 20 de agosto lanza Palabras. onde, unha vez máis, é o compositor de tódolos temas do disco, excepto de "Fue en la oscuridad", de Antonio Orozco. "Sé de palabras" foi o primeiro single deste disco. "El banco", o segundo. En abril de 2008 lanza o seu cuarto traballo Por Ella.Miguel Nández lanza un disco dedicado íntegramente á muller Un disco a modo de homenaxe á muller onde interpreta títulos coñecidos por ser cantados por artistas femeninas como Rocío Jurado, Pastora Soler, Shakira, Luz Casal, Laura Pausini ou Mónica Naranjo. O primeiro single foi "Se nos rompió el amor" de Rocío Jurado. Ademais, o CD inclúe un tema composto polo propio Miguel con título homónimo ó do disco.
Discografía 2003: Miguel Nández 2004: Esquivando al miedo 2006: Palabras 2008: Por Ella
Notas
Categoría:Cantantes de España Categoría:Concursantes da segunda edición de Operación Triunfo Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Nados en 1978