O Cabo da Cruz ou A Pesqueira é unha localidade marítima da parroquia de Castro, situada no sur do concello de Boiro á beira da ría de Arousa. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.237 habitantes (603 homes e 634 mulleres). Nos últimos anos o descenso de poboación foi notable, chegando a ter antes de 1999 un número de habitantes de preto de 3.000.

Patrimonio

Canto ó seu patrimonio arqueolóxico, destacan o Castro do Achadizo, o Castro da Jurita e mais os Fornos de Pedra Rubía.

Ten dúas igrexas, a Capela do Carme, preto do porto e construída no 1960, e a igrexa do Castro, máis grande que a anterior e que é a igrexa parroquial, do século XVII.

Cómpre salientar así mesmo os cruceiros de Romarís e o da Aldea de Arriba, e os hórreos de Romarís e de Carreró. No que se refire á construción civil, destaca pola súa antigüidade a Torre dos Cóengos no lugar de Piñeirón, que se cre que foi construída na mesma época que a Torre de Goiáns, entre o século XV e XVIInfo sobre a Boiro, revista do IES Espiñeira. Sufriu diversas remodelacións co correr do tempo. Tamén cómpre citar a Granxa do Esteiro, con escudo brasonado. Economía miniatura|dereita|O marisco, parte importante da economía crucense A maioría da poboación traballa no mar. O porto do Cabo da Cruz está en fase de expansión debido á grande actividade marítima que rexistra. O sector marisqueiro, coa extracción de diversos bivalvos é o sustento dun número importante de familias. Por outra banda tamén está o sector do cultivo de mexillón en bateas (sector maioritario), e o sector conserveiro e transformador de produtos do mar.

O turismo é un sector dada a calidade recoñecida de praias como a de Carragueiros ou a Retorta, que dispoñen da Bandeira Azul e mais do Q de calidade, amais doutras como Ladeira e a Ribeira Grande ou pequenas calas da costa crucense.

Cultura e deporte No eido da fotografía destacar a Suso TorradoSuso Torrado: fotógrafo e mitilicultor Entrevista en Certo Xornal.

Ten un club de remo: o Club de Remo Cabo da Cruz, fundado en 1979, que participa na liga ACTCabo de Cruz márcase como reto seguir na máxima división . Nova aparecida no Galicia Hoxe o 3 de xullo de 2007 e con diversos premios no seu haberPremios de Club de Remo Cabo de Cruz , por modalidades. En fútbol, existe o equipo inicialmente chamado Cabo de Cruz S.D., club fundado en 1970 que mudou o seu nome a SD Valiño Cabo de Cruz en 1992.

En piragüismo destaca o crucense Andoni Larrauri, quen comezou a súa andaina no Club MorcegoAndoni Larrauri brilla en Outes Nova aparecida en La Voz de Galicia o 24 de xullo de 2006 e ten títulos como o de subcampión de España en K-1 .

Festas Festa de San Xoán: festa que se celebra o 23 de xuño e nas que se queiman os males. Festa do Carme: festa que se celebra o 16 de xullo, cunha importante tradición no tocante á procesión marítima, e de sona na bisbarra do Barbanza, contando con diversas actividades. Romaría do Castro: celébrase os días 5, 6, 7 e 8 de setembro. Son as festas parroquiais e celébranse dende o nacemento da parroquia do Castro. Exaltación do Mexillón: celébrase o 15 de agosto, é unha festa de carácter gastronómico.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Castro

Parroquias de Boiro

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Cabo de Cruz Cabo de Cruz

Categoría:Lugares de Boiro Categoría:Boiro poboación 2025