En gramática, o caso gramatical é a forma que adquire unha palabra (substantivos, adxectivos, pronomes ou determinantes) dependendo da función sintáctica que desempeñe. Este concepto é aplicábel en principio ás linguas flexivas e ás linguas aglutinantes. Ao conxunto de casos que ten unha palabra dada chámaselle declinación. Así, por exemplo, en latín existían seis casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo, dativo e ablativo), en grego clásico cinco (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo). Nas dúas linguas existen tamén trazas dos antigos locativo e instrumental.

Os casos poderían clasificarse nos seguintes subtipos:

caso formal: expresa unha relación puramente sintáctica entre o predicado e os sintagmas nominais. En latín sería o nominativo e o acusativo. caso relacional: establece unha relación entre dous sintagmas nominais ou entre un sintagma nominal e un verbo. En latín serían o xenitivo e o dativo. caso posicional: indica o lugar onde se dá ou ten lugar unha acción. En latín sería o ablativo.

Existen linguas cun sistema de casos posicionais moi desenvolvido, como o tabasarano, que posúe cincuenta e dous: entre eles o inlativo, o elativo, o ablativo, o adlativo, o sublativo, o delativo, o supralativo, o postlativo, o interlativo, o inesivo, o adesivo, o subesivo, o interesivo, o postesivo, ou o superesivo.

No grupo dos casos relacionais existen dous grandes sistemas nas linguas do mundo. Aquí do que se trata é de ver quen leva as marcas formais entre o suxeito dos verbos transitivos e intransitivos e o complemento directo dos verbos transitivos: Se se marca dalgún xeito o Complemento Directo estaremos ante un sistema acusativo (no que o suxeito se pon en nominativo e o Complemento Directo en acusativo) -este sería o caso do latín e, dalgún xeito, o do galego; Se o que se marca é o suxeito dos verbos transitivos e non o dos intransitivos nin o Complemento Directo, o primeiro irá en caso ergativo e os outros en absolutivo. É o que se chama un sistema de ergativo, propio entre outros do éuscaro.

Listaxe de casos Esta é unha listaxe de casos tal e como se usan en varias linguas flexivas que teñen declinación.

Lugar e tempo

Nota: a maioría dos casos que expresan lugar e movemento empréganse tamén para indicar tempo.

Lugar

Caso Uso Exemplo Existe en Adesivo lugar adxacente cerca de/xunto a/onda a casa estoniano | finés | húngaro | lituano Inesivo dentro de algo dentro da casa erzya | estoniano | finés | húngaro Locativo lugar na casa belaruso | checo | húngaro (só nalgúns topónimos tradicionais) | saami inari | letón | lituano | saami setentrional | polaco | sánscrito | serbio | eslovaco | turco Temporal (só usado con expresións de tempo)especifica un momento ás sete húngaro Superesivo na superficie enriba da casa húngaro

Movemento Caso Uso Exemplo atópase en Ablativo movemento desde algo desde a casa erzya | estoniano | finés | húngaro | inuktitut | sánscrito | turco Adlativo en húngaro e en finés:movemento cara a (cerca de) algoen finés:movemento cara a algo cara a casaá casa erzya | estoniano | finés | húngaro | lituano | turco | oseto Delativo movemento desde a superficie desde (o alto d)a casa húngaro Egresivo marca o inicio dun movemento ou tempo empezando desde a casa udmurt Elativo fóra de algo fóra da casa erzya | estoniano | finés | húngaro Inlativo movemento cara a dentro de algo cara a dentro da casa erzya | estoniano | finés | húngaro | saami inari | lituano | saami setentrional Lativo movemento cara a un lugar á casa erzya | finés | turco Prolativo movemento usando unha superficie ou vía a través da casa erzya | estoniano | finés Prosecutivo por pola estrada kalaallisut Sublativo movemento cara a superficie arriba cara a casa húngaro Terminativo marca o final dun movemento ou tempo ata a casa estoniano | húngaro Vial por, por medio de por medio da casa inuktitut

Cadro resumo dos principais casos

 interiorsuperficieadxacenciadesdeElativoDelativoAblativoondaInesivoSuperesivoAdesivocara aIlativoSublativoAdlativo

Nivel morfosintáctico Para os significados dos termos axente, paciente, experimentador, e instrumento, ver papeis theta.

Caso Uso Exemplo atópase en Absolutivo (1) paciente, experimentador empurrou a porta e abriuna éuscaro Absolutivo (2) paciente, experimentador involuntario ela cruzou o xeo; el esvarou linguas nominativo-absolutivas Absolutivo (3) paciente, experimentador; instrumento el empurrou a porta coa súa man e abriuna inuktitut Acusativo (1) paciente ela abriu a porta checo | erzya | Esperanto | finés | alemán | húngaro | saami inari | latín | lituano | saami setentrional | polaco | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco Acusativo (2) complemento directo dun verbo transitivo; feito de; acerca de; por un tempo eu véxoa inuktitut | persa | turco Ergativo axente el empurrou a porta e abriuna éuscaro | checheno | xeorxiano | samoano Ergativo-xenitivo axente, posesión el empurrou a porta e abriuna; o seu can. inuktitut Instrumental/Instrutivo instrumento por medio da casa belaruso | checo | finés | xeorxiano | lituano | polaco | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco Instrumental-comitativo instrumento, na compaña de algo coa casa húngaro Nominativo (1) axente el empurrou a porta e abriuna linguas nominativo-acusativas Nominativo (2) axente; experimentador voluntario el abriu a porta; ela parou linguas nominativo-absolutivas Obxectivo complemento directo ou indirecto dun verbo ou réxime dunha preposición; un caso xeral para calquera situación non sendo nominativo ou xenitivo eu vina; eu deille o libro; con ela. inglés Oblicuo caso xeral; calquera situación excepto nominativo en relación á casa hindi Pasivo ou paciente suxeito dun verbo intransitivo ou complemento lóxico dun verbo transitivo a porta abriuse linguas caucásicas

Relación Caso Uso Exemplo atópase en Ablativo caso indirecto xeral en relación coa casa inuktitut | latín | lituano Benefactivo para, en beneficio de para a casa éuscaro | quechua Causal por, a causa de a causa da casa quechua Causal-final causa eficiente ou final pola casa húngaro Comitativo na compaña de algo coa casa estoniano | finés | saami inari | saami setentrional Dativo mostra dirección ou destinatario para a casa belaruso | checo | erzya | xeorxiano | alemán | hindi | húngaro | inuktitut | latín | lituano | polaco | romanés | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco Dedativo (Respectivo) relacionado con relacionado coa casa quenya Distributivo distribución en anacos casa por casa finés | húngaro Distributivo-temporal con que frecuencia ocorre algo diariamente; os domingos húngaro Xenitivo mostra relación, posesión da casa belaruso | checo | neerlandés | erzya | estoniano | finés | xeorxiano | alemán | grego | saami inari | latín | lituano | saami setentrional | polaco | romanés | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco | sueco Posesivo posesión directa de algo posuído pola casa inglés | quenya Sociativo xunto con algo coa casa húngaro

Semántica Caso Uso Exemplo atópase en Disxuntivo usado cando o suxeito se repite por énfase ou para especificar un suxeito plural a casa e o coche, ámbolos dous están aquí francés (só nos pronomes) Partitivo usado para cantidades tres (das) casas estoniano | finés | saami inari Preposicional cando unha preposición precede ao nome en/con/para a casa ruso Vocativo usado para chamar a alguén, con ou sen preposición ou, casa!O casa!casa! árabe | belaruso (raro) | checo | xeorxiano | grego | hindi | latín | lituano | polaco | romanés | sánscrito | serbio

Estado Caso Uso Exemplo atópase en Abesivo falta de algo sen a casa erzya | estoniano | finés | saami inari Esivo estado temporal de existencia como a casa estoniano | finés | saami inari | inuktitut | exipcio medio | saami setentrional Esivo-formal marca unha condición como cualidade como unha casa húngaro Esivo-modal marca unha condición como cualidade como unha casa húngaro Excesivo marca unha transición desde unha condición a partir de ser unha casa estoniano | finés Translativo cambio dunha condición a outra (chegando a estar) na casa erzya | estoniano | finés | húngaro

Véxase tamén Outros artigos Flexión. Declinación (gramática).

Bibliografía Case (1994), de Barry J. Blake, editado en Cambridge University Press (ISBN 0-521-44661-9) The Oxford handbook of case: studies in honor of Bernard Comrie (2008), editado por Greville G. Corbett, Michael Noonan en John Benjamins Publishing Company, Amsterdam & Philadelphia (ISBN 978-90-272-2994-6)

Categoría:Caso gramatical